Pachi Vázquez anuncia un investimento de 60 millóns de euros para incentivar o emprego feminino

Pachi Vázquez anuncia un investimento de 60 millóns de euros para incentivar o emprego feminino

Pachi Vázquez anuncia un investimento de 60 millóns de euros para incentivar o emprego feminino

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, comprometeuse hoxe a destinar 60 millóns de euros ao ano para a creación de emprego feminino, que beneficiaría a integración laboral de 28.000 mulleres en catro anos.

Así o salientou nunha visita á empresa textil Viriato, en Ordes, na que estivo acompañado polo candidato pola provincia da Coruña, José Luís Méndez Romeu. Pachi Vázquez puxo esta empresa como exemplo da integración laboral da muller, xa que conta con 145 traballadores en plantilla, dos que o 80 por cento son mulleres.

“Este país non pode permitir que 133.000 mulleres estean no paro na súa casa sen unha soa esperanza”, afirmou o candidato socialista, polo que se comprometeu á destinar 60 millóns de euros anuais para facilitar a súa integración laboral. Lembrou ademais o compromiso de desbloquear o financiamento a emprendedores coa creación do Instituto de Crédito e Finanzas de Galicia e a posta en marcha de incentivos para o emprendemento e a creación de novas empresas

Vázquez quixo transmitir unha mensaxe de esperanza, e expresou a súa confianza de que “outra Galicia é posible. É posible romper a maldición de paro e resignación, e pódese facer con recursos”.

Apuntou que estes recursos poden conseguirse “a través dunha nova fiscalidade, impostos á banca, a grandes patrimonios, grandes áreas comerciais e grandes contaminadores. Diñeiro que se canalizará para crear emprego e blindar a sanidade, educación e dependencia”.

Déficit

Preguntado sobre os datos do Informe do Consello de Contas que apuntan á desviación de déficit do Goberno de Feijóo, Vázquez sinalou que “o problema xa non é só o que di o informe, senón que o problema é o silencio de Feijóo, que non é capaz de desmentilo”. “O problema é que o buque insignia deste goberno, que era o cumprimento do obxectivo de déficit, era mentira”, proclamou.

O responsable socialista dixo hoxe que o desvío de fondos por parte do goberno galego en 2001 pode superar en realidade os 600 millóns de euros. Engadiu que a Feijóo “quédanlle dous días para desmentilo, e se non o fai está asentindo e recoñecendo que enganou a este país, e que en vez de ser os que mellor cumpríamos os obxectivos de déficit estamos á cola”, sinalou.

Por elo, amosouse convencido de que os galegos e galegas “non lle van dar un cheque en branco nin a Rajoy nin a Feijóo para que sigan con esta política de paro, recesión e destrucción de dereitos. A xente saben quen a enganou, quen dixo que ía acabar co paro en 45 día, sabe quen lle dixo que non habería copago, que non subiría o IVA e que subirían as pensións”.

O candidato socialista respondeulle hoxe ao candidato do PP, que onte instou a Navantia a “mover o cú”, que “quen ten que mover o cú é el” e non andar “buscando responsables” fora.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar