Pachi Vázquez anuncia un congreso extraordinario e un proceso de participación no que cada militante elexirá co seu voto á nova dirección

Pachi Vázquez anuncia un congreso extraordinario e un proceso de participación no que cada militante elexirá co seu voto á nova dirección

Pachi Vázquez anuncia un congreso extraordinario e un proceso de participación no que cada militante elexirá co seu voto á nova dirección

O sábado terá lugar unha Executiva, antes do Comité Nacional, para concretar o modelo de elección por parte de tódolos militantes da nova dirección do PSdeG e na que tamén se fixará a data dun Congreso Extraordinario que culminará o proceso

O líder socialista esíxelle a Feijóo que explique por qué o PPdeG é o principal aportador de diñeiro ilegal ao partido, de acordo cos papeis de Bárcenas

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, anunciou que “cada militante socialista participará co seu voto” para escoller á próxima dirección do partido. Así o dixo logo dunha Executiva na que foron perfiladas as datas e as fórmulas para celebrar o próximo Congreso Extraordinario e escoller á futura dirección do partido.

O líder dos socialistas galegos explicou que será unha nova Executiva, que se reunirá o próximo sábado, a que precise a convocatoria do Congreso -que en calquera caso terá lugar antes do verán- e concrete a fórmula de participación dos militantes na elección do novo secretario xeral, un modelo que será debatida a continuación na xuntanza do Comité Nacional Galego.

Pachi Vázquez dixo que o obxectivo pasa por que “tódolos militantes poidan votar” ao futuro líder dos socialistas galegos e construír así un “futuro para Galicia” baseado en “mais participación, mais transparencia, mais cohesión, mais calidade democrática e mais compromiso con Galicia”.

Será o sábado, dixo, cando sexa “definida, concretada e pulida unha proposta novidosa, comprometida e participativa” respectando os estatutos federais do PSOE e “mellorando a calidade democrática do PSdeG-PSOE”.

O secretario xeral do PSdeG precisou que o proceso de renovación, que comenzará coa fórmula de participación dos militantes que se concretrá o sábado e culminará co Congreso Extraordinario, se desenrolará ao longo dos meses de xuño e xullo próximos.

Diñeiro ilegal no PPdeG

En resposta ás preguntas dos xornalistas, o líder socialista lamentou que Feijóo “se atreva a falar e dar leccións de corrupción cando aínda non explicou por qué o PPdeG é o principal aportador de diñeiro ilegal” ao seu partido, de acordo cos papeis de Bárcenas. Dixo que “é significativo que si Rajoy non sabe pronunciar Bárcenas, Feijóo non saiba pronunciar Pablo Crespo”.

Aludiu ao ex secretario de Organización do PPdeG que foi ratificado por Feijóo como presidente de Portos de Galicia cando era vicepresidente da Xunta, que foi vinculado á trama Gürtel e que dirixía o partido cando Special Events organizou o congreso do PP de Ourense. Sinala que naquelas mesmas datas hai unha factura por un importe semellante de Tragsa á mesma empresa por “non se sabe qué traballo”.

Esixiulle a Feijóo que se responsabilice da situación do concello de Santiago “onde non é normal que estean todos os concelleiros do PP imputados”, ao tempo que ten ao delegado de Ourense condenado por malversación pola Audiencia Nacional, e mentres “Baltar séntase á dereita de Feijóo”. Dixo que si con estes antecedentes Feijóo dedícase a acusar a outros partidos “demostra a catadura do presidente da Xunta”.

Tamén criticou o “cinismo” de Feijóo ao criticar agora os investimentos feitos por José Blanco como ministro de Fomento para construír o AVE a Galicia ou o Porto Exterior de A Coruña. Reclamoulle que “quite a camiseta do PP e poña a de Galicia dunha vez” xa que, logo de esixir o AVE, hoxe pasa a criticalo “esquecendo o Pacto do Obradoiro” para converterse en “monaguillo de Ana Pastor”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar