Pachi Vázquez anuncia que o imposto á banca será a primeira Lei que presenten os socialistas nesta lexislatura

Pachi Vázquez anuncia que o imposto á banca será a primeira Lei que presenten os socialistas nesta lexislatura

Pachi Vázquez anuncia que o imposto á banca será a primeira Lei que presenten os socialistas nesta lexislatura

O presidente do Grupo Socialista, Pachi Vázquez, anunciou hoxe que a primeira proposición de Lei do PSdeG-PSOE nesta lexislatura será a do imposto á banca. Así o dixo logo da xuntanza protocolaria coa presidenta do Parlamento antes do debate de investidura, na que reclamou un Parlamento “máis áxil e dinámico” para “resolver os problemas dos cidadáns”.

Vázquez salientou que o imposto resulta imprescindible para acadar os ingresos necesarios para afrontar as políticas sociais e protexer os servizos públicos, e lembrou que esta iniciativa ven de ser avalada polo Tribunal Constitucional en Estremadura, e aplicada en Andalucía e Canarias. Dixo que con esta iniciativa os socialistas galegos anticipan unha oposición “dura e contundente pero tamén propositiva para ser útil aos cidadáns”.

Os socialistas estiman que este imposto permitiría recadar preto de 60 millóns de euros ao ano, uns recursos adicionais que permitirán “equilibrar os orzamentos autonómicos reforzando o financiamento de servizos públicos como a sanidade ou a educación reducindo o déficit público”.

Explicou que esta proposta, que constitúe un dos eixos do programa electoral dos socialistas galegos e foi unha das iniciativas centrais da campaña electoral, debe garantir que as entidades non poidan repercutir a terceiros a cota deste imposto.

Áxil e dinámico

O responsable socialista trasladoulle hoxe á presidenta do Parlamento as súas “inquedanzas sobre o funcionamento do Parlamento” e reclamou unha institución “máis áxil e dinámica” para acadar solucións para os homes e mulleres que agardan pola toma de decisións políticas. Avogou así por converter a Cámara nunha “fiestra para observar e resolver os problemas dos cidadáns”.

Neste sentido, lembrou que na pasada lexislatura quedaron sen responder un total de 450 solicitudes de información ao goberno a través do artigo 9 do Regulamento do Parlamento, así como mais de 4.000 preguntas, entre as que se atopan a auditoría elaborada por KPMG ás caixas galegas supostamente avalando a fusión.

Decreto do galego

Pachi Vázquez dixo tamén que o varapalo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ao decreto do galego, ao rexeitar a consulta aos pais respaldando así a posición dos socialistas galegos na súa oposición a esta. Dixo que a sentenza supón un “soplo de aire fresco” que demostra que o decreto do galego “non era o camiño”.

Reclamoulle así a Feijóo que “non se empecine en continuar mantendo á mesma persoa como responsable político dunha das principais sinais de identidade de Galicia”, que é a lingua. Lembrou que o titular de Educación “pilotou un proceso erróneo, dramático e convulso, que fixo dano a todos, ás familias, pais e nais e aos amantes da lingua galega”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar