Pachi Vázquez anuncia maior intensidade dos socialistas nas institucións para loitar contra o paro e contra os recortes nos dereitos sociais da dereita

Pachi Vázquez anuncia maior intensidade dos socialistas nas institucións para loitar contra o paro e contra os recortes nos dereitos sociais da dereita

Pachi Vázquez anuncia maior intensidade dos socialistas nas institucións para loitar contra o paro e contra os recortes nos dereitos sociais da dereita

Propuxo á Executiva socialista unha Declaración de Obxectivos inmediatos para esixir á Xunta un Plan de Emprego e loitar contra os copagos, o taxazo xudicial, o peche de Paradores e o castigo aos pensionistas

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE anunciou a creación de grupos de traballo para coordinar a participación dos socialistas galegos no “gran debate” sobre o modelo de Partido Socialista en Galicia e en España

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, adiantou como os dous grandes eixos de traballo da Executiva socialista: O primeiro e fundamental é “serlle útiles aos cidadáns” desde as institucións. O dirixente socialista anunciou a intensificación do traballo dos socialistas “onde os cidadáns nos puxeron”. Tarefa que combinarán co desenvolvemento dun “gran debate” sobre o modelo económico e social e sobre o modelo de partido, en Galicia e no Estado.

Os socialistas queren que os problemas dos galegos e das galegas se vexan reflectidos na acción política de parlamentarios e concelleiros, desde o goberno ou desde a oposición. Pachi Vázquez anunciou unha intensificación do traballo institucional contra o paro e a conculcación dos dereitos sociais que sistematicamente está a facer a dereita en Galicia e en España.

A Executiva elaborou unha “Declaración de Obxectivos” inmediatos, dos que salientou Vázquez, como primeira tarefa, esixir á Xunta un Plan de Emprego para as mulleres, a mocidade e os parados de longa duración. Salientou a coincidencia das propostas do programa socialista coas iniciativas de contratos programa para a mocidade que está a poñer en marcha o Presidente francés, Holland. Pachi Vázquez recrimina á Xunta que non pode condenar aos mozos e ás mozas a marcharse deste país ou a vivir sen ningún tipo de esperanza.

En política sanitaria anuncia unha “loita sen cuartel” contra o copago sanitario, nomeadamente contra o servizo de transporte non urxente, que volve a convertir aos enfermos “na diana” deste Goberno conservador.

Os socialistas darán a batalla contra as taxas da Reforma Xudicial, “que van convertir unha Xustiza que necesitan todos os homes e mulleres deste país nunha grande inxustiza”, dixo.

O PSdeG-PSOE reivindica que non se privaticen Paradores. Pachi Vázquez lembrou que hoxe eran recibidos polo Grupo Socialista os representantes dos traballadores, aos que lle comunicou que non se pode permanecer impasible ante o peche de unha das xoias da coroa do turismo galego.

A defensa do Sistema Financeiro de Galicia e a súa obra social será un dos obxectivos dos socialistas que traballarán desde as institucións para que se adopten medidas efectivas para eivtar o desafiuzamento de familias con problemas económicos.

Rexeitan os socialistas o “castigo do Goberno central aos pensionistas galegos sen actualizar a súa pensión”.

Esta é a folla de ruta dos socialistas galegos na labor institucional. Pero ademais, o seu Secretario Xeral, dou conta do Consello Territorial celebrado en Madrid o pasado sábado.

Os socialistas abordarán o que Pachi Vázquez denominou “o gran debate”. Este debate ábrese tanto en Galicia como no Estado e consiste en “revisar eses grandes valores intemporais que o Partido Socialista defende desde fai 130 anos pero que, nestes tempos, necesitan adaptarse a un novo modelo económico e de vida”.

O máximo responsable do socialismo galego comprometeuse de xeito especial con abrir á maior participación posible este proceso. “Ningún militante de esta organización política vai quedar sen a oportunidade de participar coa súa proposta sobre cada un destes elementos troncais para o futuro de Galicia e do Partido Socialista, e de calquera outro tema que queiran propoñer e debamos levar adiante”, afirmou con contundencia Vázquez.

Para que isto sexa posible propuxo a Executiva socialista ven de crear seis grupos de traballo, coordinados por outros tantos membros da dirección socialista. O novo modelo económico, o novo modelo social, o modelo de Estado, a calidade democrática (e os novos modelos de participación), o modelo de Europa e o modelo de Partido. Son seis grupos de traballo que van articular un modelo de participación que se fará público na Executiva galega do mes de xaneiro, para elevarse logo ao Comité Nacional.

DECLARACIÓN DE OBXECTIVOS

O PSdeG expresa unha vez máis o seu compromiso firme con Galicia e todos os galegos e galegas a prol da loita contra o paro e contra a conculcación dos dereitos sociais.

Para isto, propoñémonos intensificar a acción política e o traballo dende o noso Partido e en todas as institucións nas que gobernamos e estamos representados, para defender as demandas da cidadanía e conseguir mellorar as súas condicións de vida.

Por conseguinte, imos centrar todos os nosos esforzos na consecución dos seguintes obxectivos:

  1. Esixir e conseguir que a Xunta de Galicia poña en marcha coa máxima urxencia un PLAN DE EMPREGO para a mocidade, as mulleres e os parados de longa duración.
  2. Esixir e conseguir que a Xunta de Galicia inste ao Goberno central a anular o copago do transporte sanitario, e en todo caso que esta medida non sexa de aplicación en Galicia.
  3. Esixir e conseguir que a Xunta rexeite a suba das taxas xudiciais impostas polo goberno central.
  4. Esixir e conseguir que a Xunta inste ao Goberno central a manter abertos os Paradores Nacionais de Galicia, rexeitando calquera ERE parcial ou total.
  5. Esixir e conseguir que a Xunta defenda o Sistema Financeiro Galego, mantendo a Obra Social e devolvendo os aforros ás persoas enganadas coas Participacións Preferentes.
  6. Esixir e conseguir que a Xunta adopte medidas efectivas para evitar o desafiuzamento de familias con problemas económicos.
  7. Esixir e conseguir que a Xunta rexeite a decisión do Goberno central de non revalorizar as pensións no 2013, cunha grave afectación aos máis de 750.000 galegos e galegas pensionistas.

Por todo isto, MANIFESTAMOS:

A nosa firme vontade de contribuír á consecución destes obxectivos, priorizando todo o traballo orgánico e institucional no interese xeral da cidadanía.

Neste sentido, o debate dentro do noso Partido terá como meta principal conseguir ser útiles á sociedade galega e atopar o camiño máis axeitado para facelo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar