Pachi Vázquez anuncia “apoio total á Xunta para resolver o caso de Alcoa” pero “cando o publique o boe”

Pachi Vázquez anuncia “apoio total á Xunta para resolver o caso de Alcoa” pero “cando o publique o boe”

Pachi Vázquez anuncia “apoio total á Xunta para resolver o caso de Alcoa” pero “cando o publique o boe”

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, anunciou “apoio total para resolver o caso de Alcoa” pero “cando o publique o BOE” e advirte que “ninguén viu a suposta orde” que anunciou Feijóo. O líder socialista advertiu en Foz fronte ás “mentiras” de Feijóo sobre o déficit, tal e como fixo público o informe do Consello de Contas, ou cos contratos de Pemex “que non queren facer públicos”.

Dixo que “a solución para Alcoa publícase no BOE, non se fala nun mitin electoral”, en alusión ao anuncio do candidato do PP e criticou que Feijóo “anuncie unha orde que ninguén viu e agora pretende que deamos por arranxado o de Alcoa”. Así o dixo nun mitin no que tamén interviñeron a candidata Concepción Burgo, o ex ministro de Fomento José Blanco, o secretario provincial José Ramón Gómez Besteiro e o candidato da Mariña José Ramón Val.

Esixiulle “parar xa de contar mentiras”, como fixo ao asegurar que Galicia cumpría co obxectivo de déficit cando a realidade é que agochou 411 millóns de euros, como evidenciou o informe do Consello de Contas. Tamén criticou que teña agochado os supostos contratos con Pemex porque “di que son confidenciais cando os retransmitiu a TVG en directo”.

O candidato socialista chamou a impulsar o I+D e o crecemento económico de Galicia para que “quen emigre non sexan os nosos fillos senón os nosos produtos” e as ideas e proxectos empresariais galegos competitivos fora. Presentou un proxecto socialista que defende e apoia “aos proxectos deste país, porque o noso primeiro traballo é querer a Galicia e crer en Galicia”.

Dixo que “un país non se cambia chorando, se cambia votando”, e apelou á “maioría silenciosa que pensa coma nós” a que vote o próximo 21 de outubro “para poñer a Rajoy e Feijóo no seu sitio, na casa”. Vázquez presentouse como “o presidente das familias que non chegan a fin de mes e da xente desesperada porque os enganaron” Feijóo e Rajoy, que “fixeron xusto o contrario do que prometeron”.

Contar mentiras

O responsable socialista criticou que “ninguén coñece as propostas de Feijóo para os próximos catro anos porque non as ten” e agora “dedícase a botar balóns fora e a contar mentiras”. Pachi Vázquez salientou que as propostas dos socialistas “resúmense en emprego, sanidade, educación, dependencia e igualdade” blindando os servizos públicos e cambiando a economía “do sufrimento” pola “do crecemento”.

Pachi Vázquez comprometeuse a crear 25.000 bolsas contrato para mozos e mozas galegos, facendo pagar á crise “a quen a provocou e non ás súas vítimas”. Así, anunciou unha nova fiscalidade para bancos e grandes, ademais de retirar os concertos aos centros que segregan acadando novos ingresos para recuperar os libros de texto gratuítos e suprimir o copago de medicamentos para os pensionistas.

O candidato socialista acusou ao PP de estar “desmontando a saúde pública” e “disparando as listas de espera”, e salientou a carta dun militante do PP enviada a un medio de comunicación denunciando o retraso no seu tratamento oncolóxico. Dixo que “o 21 nos xogamos o futuro e a educación dos nosos fillos e fillas e a nosa saúde”.

Vázquez dixo que “non están matando o presente, están matando o noso futuro”, xa que, dixo, “adiantan as eleccións porque van rescatar este país co diñeiro das pensións”. Sinalou que as papeletas electorais do PP “din que queren baixar as pensións, cobren polos medicamentos ou privaticen os nosos hospitais” levando a Galicia “no camiño de Portugal e Grecia”.

Concepción Burgo

Neste acto tamén interveu a candidata socialista por Lugo Concepción Burgo, quen criticou as “mentiras” de Feijóo logo de constatar que agochou 411 millóns de déficit para maquillar as contas de Galicia.

Amosou así “serias dúbidas” sobre a suposta solución á cuestión de Alcoa logo da “irresponsabilidade” de Feijóo e polo feito de que aínda non teña sido publicada unha suposta orde do Goberno anunciada onte nun mitin político polo candidato do PP.

Pola súa banda, o deputado no Congreso José Blanco dixo que “co noso voto decidimos si Rajoy vai ter barra libre ou si polo contrario lle sacamos tarxeta vermella á súa voracidade para desmontar o Estado do Benestar”. En alusión ao contrato oculto de Pemex, dixo que “Galicia non precisa de cláusulas de confidencialidade senón de transparencia, a que non garante Feijóo”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar