Vázquez anuncia alternativas para loitar contra o paro, revitalizar a economía e contra o deterioro dos servizos públicos

Vázquez anuncia alternativas para loitar contra o paro, revitalizar a economía e contra o deterioro dos servizos públicos

Vázquez anuncia alternativas para loitar contra o paro, revitalizar a economía e contra o deterioro dos servizos públicos

O presidente do Grupo Socialista, Pachi Vázquez, anunciou que os socialistas presentarán no novo período de sesións do Parlamento unha batería de alternativas políticas para loitar contra o paro, revitalizar a economía galega e frear o deterioro dos servizos públicos. Así o dixo en rolda de prensa para dar conta da primeira xuntanza do Grupo para preparar o novo ano parlamentario.

O líder socialista acusou a Feijóo de converter este período de sesións en “tempo de desconto” cun Parlamento “amordazado” e un presidente “ausente” que leva dous meses sen dar a cara diante da Cámara autonómica. Advertiu que o único que fai con esta actitude é incrementar os problemas, incertidumes e inquedanzas dos cidadáns que teñen as rúas “fervendo” como “síntoma do fracaso do goberno galego”.

Criticou que, en lugar de ofrecer solucións, Feijóo quere dar por rematada a lexislatura no peor da crise económica cunha actitude “de brazos caídos que non conduce a nada bo”. Sinalou a súa sospeita de que en xuño ou outubro haberá eleccións autonómicas, evidenciando o fracaso de Feijóo, e chamou ao debate e a presentar unha alternativa socialista “moi forte” porque “centos de miles de galegos esperan por nós” e “nos van tocar grandes responsabilidades”.

Explicou que os socialistas galegos traballarán “duramente para que isto non sexa un tempo de desconto” cun Goberno galego “paralizado e desorientado” mentres sume a Galicia nunha situación “dramática”. Aludiu así a que o Goberno galego mantén unhas previsións orzamentarias “irreais” que prevén un crecemento do 1,1 por cento fronte ás previsións de decrecemento do 1,3 que se están a impoñer.

Os socialistas galegos presentarán unha serie de iniciativas neste período de sesións para converter o Parlamento no “foro de expresión da cidadanía galega” presentando iniciativas para a creación do emprego, a reactivación económica con estímulos a través do Igape e a Consellería de Economía ou a recuperación dos servizos públicos.

Mentres, advertiu, “Feijóo permanece obsesionado con cadrar as contas a conta da calidade de vida dos cidadáns”. Pola contra, explicou, “o Goberno galego non paga facturas dende xullo e nin sequera emite certificacións de obra dende agosto”.

Dixo que “con restricións non saímos da crise” xa que busca o equilibro presupostario “a costa de non pagar ás empresas que están pechando, despedindo traballadores e paralizando as obras”.


Orzamentos invalidados

Dixo que “en termos reais” os orzamentos son “invalidados” polas previsións de crecemento irreais e demostra que o goberno galego “non ten solución que ofreza unha saída da crise” para os 271.000 parados, os 25.000 fogares sen recursos e os 75.000 galegos sen ningún tipo de axuda. Advertiu que a única resposta que ofrece o goberno galego é unha previsión de destrución de outros 30.000 empregos neste ano 2012.

Esta situación agrávase polo “deterioro flagrante dos servizos públicos” mentres Feijóo demóstrase “incapaz de manter a sanidade, a educación, a atención á dependencia ou as políticas sociais. Reclamou que os servizos públicos de calidade volvan ser unha “prioridade” da actuación do Executivo e que os acorde cos sectores sociais.

Sinalou que a Xunta demóstrase “incapaz” de resolver a “espiral” de caída do Índice de Produción Industrial catro veces mais que na media do Estado, o aumento de EREs, o peche de comercios e a caída do consumo. Criticou a ausencia do Goberno mentres os sectores produtivos están “noqueados”, co naval mobilizado na súa contra e o goberno de Madrid ven de certificar a defunción do Plan eólico.

Pachi Vázquez reclamou que o Goberno galego explique “por qué presentou un recurso contra o decreto do carbón e non contra o decreto que paraliza de facto ao sector eólico galego. Advertiu que “deixou de falar do sistema financeiro galego” e que agora “desapareceron a galeguidade e solvencia” para un sector no que “non só non queda case nada, senón que se vai poñer aínda peor”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar