Pachi Vázquez alenta aos 315 candidatos e candidatas do PSdeG a construír unha Galicia “socialista, municipalista e galeguista”

Pachi Vázquez alenta aos 315 candidatos e candidatas do PSdeG a  construír unha Galicia “socialista, municipalista e galeguista”

Pachi Vázquez alenta aos 315 candidatos e candidatas do PSdeG a construír unha Galicia “socialista, municipalista e galeguista”

O PSdeG presentou o seu programa marco nun acto no que participaron os 315 candidatos e candidatas ás alcaldías galegas, ademais do secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, o secretario de Organización, Pablo García; a responsable de Políticas Municipais, Mar Barcón; e o secretario de Organización do PSOE, Marcelino Iglesias, ademais de diversos cargos orgánicos e institucionais.

Vázquez expresou o seu “orgullo” polas candidaturas socialistas de cara a unhas eleccións “que son o noso campo, porque somos a principal forza municipal de Galicia, e porque cremos na política municipal”.

Contrapuxo isto coa política do PP “que aposta por unha Galicia única e por Feijóo como único alcalde para os 315 concellos galegos” mentres o PSdeG “ten como obxectivo cambiar Galicia dende os concellos, onde cada un deles manteña as súas sinais de identidade, pero onde todos conflúamos no que nos une, unha Galicia socialista, municipalista e galeguista”.

O líder do PSdeG apuntou que “hoxe máis que nunca fan falla as políticas socialistas, as políticas das persoas” e marcou como un dos obxectivos principais dos próximos comicios “arrebatar ao PP as deputacións de Ourense e Pontevedra”. ”Non podemos seguir mantendo dous caciques que compiten a ver quen enchufa mais e quen derrocha mais diñeiro público para políticas partidistas”, proclamou.

Sinalou que o acto de celebración de dous anos de goberno do PP “é outro motivo máis para que gañemos os socialistas, para defender aos cidadáns das políticas da Xunta”. Engadiu que o programa do PSdeG “é a antítese do PP, que de maneira despiadada está a destruír os nosos servizos públicos fundamentais como a sanidade, a educación e as políticas sociais”.

Cualificou a celebración do PP como “de tapadillo” porque “saben que estes dous anos do seu goberno vai ser un aliado para que o PSdeG gañe a confianza dos cidadáns nos concellos, porque os cidadáns saben que unha cousa é o que se publica e outra o día a día, e aí todos sabemos o que está a pasar dende que goberna Feijóo”.

Neste punto, lamentou que co goberno de Feijóo “os alcaldes ven como cada vez que reciben noticias dun conselleiro e para quitarlles algo, mentres co anterior goberno socialista da Xunta, cada vez que sonaba o teléfono era para comunicarlles os proxectos que íamos facer nos concellos”.

Feijóo promotor do transfuguismo
Criticou así o partidismo do Goberno de Feijóo “que só axuda aos concellos do seu partido” e que utiliza as deputacións “para fins políticos”. “Que Feijóo non se escude detrás de Louzán e Baltar, porque o verdadeiro promotor do transfuguismo chámase Alberto Núñez Feijóo”, sentenciou.

Puxo como exemplo da falla de democracia do Goberno de Feijóo a imputación de dous directores xerais por abuso de poder. “É a primeira vez que sucede isto en democracia, porque non se pode entrar na sede dun sindicato dando unha patada e sometendo ao terceiro grado aos seus afiliados e traballadores por disentir e pensar diferente”.

Contra isto, avogou por gobernos “que xeran emprego” en lugar de políticas destinadas a ocultar e maquillar as cifras de parados, como fai o Goberno de Feijóo coa cláusula S-698 “que consiste en coller aos parados e metelos debaixo da alfombra”. “O PP está a manipular as listas do paro, coa complicidade daquel que dixo que ía arranxar todo en 45 días, e que agora di que non ten competencias –afirmou en alusión a Feijóo-. Ten competencias, pero é incompetente”, remachou.

Vázquez destacou pola contra as políticas socialistas, poñendo como exemplo a Zapatero “que foi quen de realizar importantes investimentos en todos os concellos a través do Plan E, de xeito equitativo”. “Temos que estar orgullosos de Zapatero, polas reformas realizadas, polas súas políticas sociais, e temos que facer campaña co puño e a rosa por diante das nosas ideas, porque podemos presumir de socialistas”, proclamou.

Nesta liña, expresou a súa confianza nos resultados dos vindeiros comicios “porque vemos que nos actos temos máis xente que nunca, moita xente xoven estase a sumar ao noso proxecto, e temos os mellores candidatos e candidatas”.

Por elo dirixiuse aos candidatos e candidatas para dicirlles que “sodes a esperanza de Galicia, para clavar as raíces deste proxecto socialista e galeguista en cada un dos municipios, e que esa raíz afonde para que poidamos volver a gobernar en Galicia e cambiar este país”.

A este chamamento sumouse o secretario de Organización do PSOE, Marcelino Iglesias, quen na súa intervención destacou que “todas las políticas sociales llevan el sello del puño y la rosa” e incidiu na importancia da igualdade como un dos valores fundamentais que defende o socialismo.

Iglesias subliñou a importancia do municipalismo “que es la base del proyecto socialista” e destacou que o programa do PSdeG “está hecho pensando en la igualdad de oportunidades y en la ciudadanía, porque creemos en la gente”.

O secretario de Organización do PSOE tivo tamén palabras de loubanza para Zapatero, “que fue el que máis hizo por la igualdad y las políticas sociales” e tamén para José Blanco “que conseguió una importante inversión para que no se retrasen los compromisos del AVE con esta tierra”.

Lamentou que o PP non faga a mesma defensa da igualdade e as políticas sociais, e criticou que en Galicia “para resolver la crisis debiliten los servicios públicos, la sanidad, la educación, reduzcan el acceso a medicamentos o las ayudas a dependencia”. “Se puede ser austero y hacer reformas manteniendo las políticas sociales, como hacemos los socialistas”, apuntou.

Pachi Vázquez e Marcelino Iglesias puxeron o colofón a un acto que se iniciou coa foto de familia dos 315 candidatos e candidatas e cunha mesa redonda na que se abordaron diversas cuestións relacionadas coas políticas locais. Mar Barcón e Pablo García abriron o acto coas súas intervencións, nas que criticaron a falla de ética de Feijóo e do PP, fundamentalmente polo seu apoio ao transfuguismo e as súas políticas partidarias.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar