Pachi Vázquez afirma que será a circunscrición electoral de Ourense a que mande a Baltar para a casa o 22 de maio

Pachi Vázquez afirma que será a circunscrición electoral de Ourense a que mande a Baltar para a casa o 22 de maio

Pachi Vázquez afirma que será a circunscrición electoral de Ourense a que mande a Baltar para a casa o 22 de maio

O secretario Xeral do PSdeG abriu o acto de presentación da candidatura socialista no concello de Ourense, onde afirmou que “non hai ninguén que poida representar a esta cidade e a todos os ourensáns como Francisco Rodríguez”, “un alcalde cercano, comprometido coas políticas sociais, un alcalde que aposta polo futuro de Ourense e que vai ter o orgullo de ser o primeiro alcalde de Galicia que inaugure este mesmo ano o tren de alta velocidade”.

Vázquez destacou que Francisco Rodríguez é un alcalde, “que intenta dar resposta ás demandas dos cidadáns”, “pese aos atrancos” que atopa por parte de quen ten a responsabilidade de destinar os fondos que lle corresponden a Ourense, a terceira cidade de Galicia.

“Mentres Ourense recibiu e recibiu o maior apoio e investimentos por parte dos gobernos socialistas da Xunta e do Estado, Núñez Feijóo mantén paralizados todos os proxectos que xa deixamos nós comprometidos”, dixo.

“Ourense é a capital galega peor tratada nos orzamentos da Xunta deste ano”, insistiu, e salientou a diminución de fondos para as políticas activas de emprego en 60 millóns de euros e o reparto partidista dos obradoiros de emprego na provincia de Ourense.

O líder dos socialistas galegos apuntou que Ourense tería que recibir no Plan de Cooperación da Xunta co concello para as políticas activas de emprego 3.600.000 euros, e recibe menos de 500.000 euros, “sete veces menos do que lle corresponde polo número de parados”.

Tamén recordou que a Xunta destinou 9.600.000 euros para obradoiros de emprego na provincia, e o concello de Ourense, que ten 10.567 parados, un 37,5% do paro da provincia, recibiu 0 euros. “Nin un só obradoiro de emprego”, engadiu.

Ademais, e sobre a posta en marcha do AVE, afirmou que “á dereita desta cidade lle doe que sexa un alcalde e un goberno socialista quen o faga posible”, e por iso “o PP convocou hoxe unha concentración para pedir o soterramento da estación”, porque “Núñez Feijóo e o PP só pretenden enmascarar a parálise das infraestruturas galegas”.

“Pero o único que hai que soterrar nesta capital e en toda a provincia é a persecución, as ameazas e os métodos caciquís de Feijóo, de Baltar e dos seus vasallos”, dixo.

Vázquez recordou o maior investimento da historia para traer o AVE a Ourense e a Galicia, conseguido polo ministro José Blanco, mentres “Feijóo e Baltar lle reservan a esta provincia o maior vertedoiro de residuos sólidos urbanos de toda Galicia”.

Así, augurou que o vindeiro 22 de maio serán os ourensáns, “esta capital e toda a circunscrición electoral de Ourense quen acabe con esta situación e mande a Baltar para a casa”.

“Os socialistas apostamos polo progreso e o futuro de Ourense; o PP aposta pola regresión e a volta ao pasado”, dixo, e “mentres os socialistas estamos máis unidos e fortes que nunca en Ourense, o PP está máis dividido e débil que nunca”, concluiu.

O candidato á revalidación da Alcaldía de Ourense, Francisco Rodríguez, deu comezo á súa intervención amosándose "feliz e ilusionado con esta nova oportunidade", e agradeceu a todos o "depósito incondicional de confianza amosado", que lle proporciona un "caudal inagotable de enerxía".

Na presentación da candidatura, Francisco Rodríguez definiuse coma un "veciño coma vós, corrente e pouco dado a orgullos", e puxo en relevancia o "extraordinario equipo que me acompaña".

Francisco Rodríguez referiuse á xestión coma "o mellor aval e a mellor garantía do noso programa", que permite confiar en que os cidadáns "saiban que volveremos a cumplir".

Neste sentido, o candidato salientou os 250 mil metros cadrados novos de zona verde, a nova rede de Centros Cívicos, as máis de 400 obras de mellora en toda a cidade ou as liñas do desenvolvemento urbano. Sen embargo, dixo que "o máis importante é o que non se pode ver", facendo referencia ao "inmenso traballo da concelleira de Urbanismo, Áurea Soto".

En canto aos proxectos estratéxicos, Rodríguez amosou o seu agradecemento e "empeño persoal" ao ministro de Fomento, José Blanco, xunto o que "temos sentado as bases do futuro desenvolvemento de Ourense, e acadamos un proxecto serio, sensato e realista".

O candidato á Alcaldía continuou o seu discurso salientando a súa "enorme satisfacción por achegar o Concello aos cidadáns que menos teñen", e comprometeuse con Marga Martín a "consolidar e ampliar os programas sociais, nos que xa somos un verdadeiro referente". Tamén se amosou satisfeito coa "oportunidade que tivemos, e aproveitamos, de darlle un gran impulso aos barrios".

No referido ás inversións, Francisco Rodríguez ratificou o goberno municipal coma "o máis inversor da historia, cun investimento 10 veces máis elevado en catro anos, que nos 12 anos anteriores".

Francisco Rodríguez rematou a súa intervención co compromiso de "contestar a cada insulto da oposición cunha proposta, impulsar proxectos e planificación fronte á improvisación e a demagoxia, e pelexar con respecto, decisión e lealdade”, nun momento que definiu como "o tempo da xente con sentido común".

Por último, dirixiuse ao público presente salientando que "está en vós elixir entre consolidar o proxecto de cidade ou parar todo e empezar de novo. Se vós nos acompañades, a esta cidade non hai quen a pare".

A continuación, adxuntamos imaxe da candidatura e pequena biografía dos primeiros 14 postos da lista do PSdeG de Ourense para as eleccións do 2011.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar