Pachi Vázquez afirma que "o único xeito de cambiar as cousas en Galicia é votar ao PSdeG-PSOE"

Pachi Vázquez afirma que "o único xeito de cambiar as cousas en Galicia é votar ao PSdeG-PSOE"

Pachi Vázquez afirma que "o único xeito de cambiar as cousas en Galicia é votar ao PSdeG-PSOE"

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, chamou en Monforte a “converter a nosa indignación en algo útil, e a única maneira de cambiar as cousas é votando, participando o próximo 21 de outubro”. Afirmou “dende o mais profundo do meu corazón é posible o cambio porque cada día sumamos máis; cada día máis indecisos están virando o seu voto ao PSOE; cada día estamos máis cerca do goberno de progreso que vai estar liderado polo partido socialista”.

Vázquez participou nun mitin en Monforte onde estivo acompañado de toda a candidatura socialista lucense, onde dixo que “non todos os votos suman” e por iso reclamou “non perder un só voto contra a dereita”, insistiu. Por iso emprazou aos asistentes “a votar aos partidos que van pilotar o cambio en Galicia”, e afirmou que o PSdeG-PSOE “é a única garantía”.

O líder socialista subliñou o traballo incansable da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte, e citou aos traballadores do naval, do sector lácteo, aos que dependen da pesca, aos dependentes e aos discapacitados que se ven sen axudas, e díxolles que “un país non se cambia chorando, senón votando”, espetou.

Salientou que “hai alternativa á economía do sufrimento de Feijóo e do PP”, e engadiu que “si votan tódolos indignados con como se están a facer as cousas , si participa toda esa xente que quere que as cousas se fagan dun xeito diferente haberá cambio en Galicia”.

O candidato socialista trasladou o malestar das galegas mulleres que, logo de cobrar un 25 por cento menos que os homes, agora están sen traballo, ou dos mozos e mozas que, malia ser a xeración mais preparada da historia, hoxe “non atopan traballo nin ven futuro”. Tamén salientou a situación dos maiores pensionistas que teñen que pagar polas medicinas por primeira vez, os traballadores de Alcoa ou os funcionarios sen paga extra.

Vázquez dirixiuse aos desencantados para salientar que nas próximas eleccións autonómicas cumpre “escoller entre o camiño da dereita, o da mentira, ou o camiño da esquerda e do PSdeG-PSOE, o da verdade”.

Salientou así os enganos de Feijóo co déficit de Galicia –logo de coñecer a ocultación de 411 millóns de euros que foron trasladados entre 2010 e 2011 de acordo co Consello de Contas-, co contrato de Pemex, Alcoa ou a fusión das caixas. Contrapuxo a “verdade que representan os socialistas, a da voz dos parados, das familias, dos mozos e mozas, dos pensionistas, os empregados públicos ou os autónomos”.

Comprometeuse a presidir “un goberno que xestione unha saída da crise pola esquerda, como Francia” mentres o PP opta por “pedir mais sacrificios aos traballadores e a quen o está pasando peor” situando a Galicia “no camiño de Grecia e Portugal”.

Alcoa

Tamén aludiu ao tema de Alcoa, con motivo da visita electoral de hoxe de Núñez Feijoo á Mariña lucense. Dixo que cando vai falar de Alcoa algo lles vai dicir aos taballadores “tranquilos, como tamén lles dixo aos traballadores de Ferrol, tranquilos”. E insistiu quero mandarlle unha mensaxe “para solucionar o tema de Alcoa so fai falla Boletín Oficial do Estado, o resto son contos”.

Pachi Vázquez comprometeu un Plan de Emprego destinado a conceder 25.000 bolsas contrato para mozos e mozas, ademais de outras 15.000 para parados de longa duración e 10.000 para mulleres desempregadas.

Tamén se comprometeu a “blindar” a sanidade e a educación públicas, suprimir o copago famacéutico aos pensionistas, a retirar as axudas aos centros concertados que segregan por sexos para destinalas á gratuidade dos libros de texto, e non despedir a empregados públicos.

Pachi Vázquez comprometeuse en Monforte a “manter e potenciar a Área Sanitaria e o Hospital Comarcal”, ademais de rematar as obras do corredor Sarria – Monforte e axilizar o Porto Seco.

Concepción Burgo

A cabeza de lista por Lugo, Concepción Burgo, incidiu na “complicada situación das mulleres, especialmente no rural”, que viven “un momento difícil, no que o paro afecta ao sector feminino máis que nunca mentres a Administración prefire que volvan á casa para que fagan traballos que eles non están dispostos a asumir”, en referencia á eliminación de axudas á dependencia ou os continuos recortes en servizos sociais.

A ameaza de supresión da área sanitaria de Monforte para integrarse en Lugo foi outra das críticas no mitin, no que os socialistas lembraron que “durante o mandato de Feijóo non se creou nin unha soa empresa na comarca de máis de tres traballadores”.

Tanto Concepción Burgo como o candidato e número catro Vicente Docasar, que se estrenou coa súa primeira intervención nun mitin central, son naturais de Monforte, que deste xeito conta cunha importante representación nos catro primeiros postos da lista socialista na provincia.

O secretario xeral do PSdeG-PSOE en Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, comprometeuse nun mitin en Monforte a impulsar coa Xunta políticas para “frear o grave e continuo despoboamento do rural” se os socialistas chegan ao goberno galego, fronte á actual situación co PP, que “mira cara outro lado” e “abandona os sectores produtivos”.

Besteiro reclamou ademais a posición de Monforte como “centro do transporte de mercadorías” ante “os continuos bloqueos e desmantelamentos do Partido Popular”. Apostou asimesmo pola “recuperación industrial” da comarca e a potenciación da “zona singular e incomparable do viño”, e prometeu traballar “para que a Ribeira Sacra sexa Patrimonio da Humanidade”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar