Pachi Vázquez afirma que o socialismo galego mantén “a serenidade, o ánimo, as gañas e ilusión” porque “en Galicia os deberes fixéronse ben”

Pachi Vázquez afirma que o socialismo galego mantén “a serenidade, o ánimo, as gañas e ilusión” porque “en Galicia os deberes fixéronse ben”

Pachi Vázquez afirma que o socialismo galego mantén “a serenidade, o ánimo, as gañas e ilusión” porque “en Galicia os deberes fixéronse ben”

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, expresou hoxe a “serenidade, ánimo, gañas e ilusión” que os socialistas galegos manteñen tras as eleccións municipais. Tras manter unha xuntanza coa Executiva do PSdeG, Vázquez sinalou que o socialismo galego afronta os resultados “sabendo que no que compete a Galicia, os deberes fixéronse ben” e que “hai unha maioría de cidadáns das grandes cidades gobernados por gobernos progresistas”.

Afirmou que “ante o probablemente o peor escenario local de todos os tempos para o PSOE en España, Galicia ten uns datos que, sen ser motivo de alegría, reconfortan un pouco”.

Destacou que “dous terzos das provincias galegas seguen tendo representantes socialistas nas súas cabeceiras” e apuntou que os socialistas pasaron dos 1.116 concelleiros ata 990. “Non é un bo dato, pero estamos fortes”, dixo.

Por elo, sinalou que o proxecto do PSdeG segue “intacto, animado e con forza” e apuntou que “estamos convencidos do noso modelo, pero temos que perfeccionalo e chegar máis aos votantes da esquerda”.

Nesta análise, Vázquez sinalou que a dereita “conseguiu colocar de maneira inxusta o custo da crise no PSOE” e recoñeceu que “as nosas siglas tamén tiveron un custo importante, aínda que nós sentímonos moi orgullosos das nosas siglas”.

Tamén fixo unha reflexión sobre o incremento dos votos en branco “que houberan definido outro modelo de alcaldía de non terse producido” e que se suman á gran participación acadada nos votantes da dereita fronte á perda de votos da esquerda a nivel nacional. Subliñou que a fragmentación do voto da esquerda –coa irrupción de votos a IU que non conseguiron representación- “pasou factura en Galicia”.

Por elo, dixo que o escenario de futuro en Galicia márcase “como unha carreira de fondo, onde hai que traballar moito, pero tendo como palabras clave a serenidade, o ánimo, as gañas e a ilusión”.

Salientou casos como o da provincia da Coruña “onde temos que reflexionar para saber que pasou, aínda que nunca con ánimo de culpabilizar”, e o da provincia de Ourense “onde incrementamos a presenza na cidade, pero vemos que o voto rural seguen sendo do PP”.

Neste caso dixo que “nos doe especialmente que se manteñan os modelos de corruptelas e que siga a ser a cuna central do caciquismo e o nepotismo que representa Baltar, porque non queremos que Ourense se caracterice por iso, pero hai que acatar o que deciden os cidadáns”.

Por elo, avogou por buscar novas fórmulas para contactar de novo co electorado de esquerda tras detectar “que hai un problema de sintonía, e hai que cambiar o modelo de comunicación” porque “non se entende que en concellos como Cee, onde o alcalde está imputado na Operación Orquesta, o PP suba votos”. “Temos que facer máis visible o noso proxecto e facer que os cidadáns o entendan, pero estamos convencidos do noso modelo”, remachou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar