Pachi Vázquez afirma que o PSOE é "o único aval do Estado Social" e que "cada vez que Rajoy fala a prima de risco dispárase"

Pachi Vázquez afirma que o PSOE é "o único aval do Estado Social" e que "cada vez que Rajoy fala a prima de risco dispárase"

Pachi Vázquez afirma que o PSOE é "o único aval do Estado Social" e que "cada vez que Rajoy fala a prima de risco dispárase"

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, afirmou que o PSOE “é o único aval que ten o estado social” fronte a un PP que pretende recortar dereitos, privatizar a sanidade e deixar sos aos dependentes. “Non me estraña que cada vez que Rajoy fala a prima de risco se dispare”, engadiu.

No mitin en Santiago no que participou xunto a Xosé Sánchez Bugallo e os candidatos Noemí Fernández, Miguel Cortizo e Francisco Caamaño, dixo estar convencido de que “non pode haber un só progresista que despois de ler as declaracións de Rajoy en El País se quede na casa”. Aludía así a unha entrevista na que o candidato do PP recoñecía que recortaría recursos para a dependencia se chegaba ao goberno.

“Rajoy xa quitou a careta con estas declaracións. Puxo enriba da mesa o que levaba calando dende hai tempo e anunciou o epitafio do estado social se chega ao goberno”, sinalou. “Que vamos a facer cos dependentes se gaña o PP? Que van facer os traballadores que prestan o servizo de dependencia, irse para casa? Volvemos a un modelo de beneficencia?”, preguntouse.

“Rajoy deu a puntilla ideolóxica a un modelo de estado polo que levamos anos traballando”, sentenciou. “Se Rajoy chega ao Goberno non imos ter dependencia, nin sanidade e educación pública, nin seguro de desemprego... ese é o seu proxecto de goberno, non me estraña que cada vez que fala se dispare a prima de risco”, ironizou.

Advertiu que o PP “xa ten todo preparado por si gaña para aplicar o modelo Feijóo”. “En Galicia xa vimos esta película, un modelo con máis paro, máis endebedamento, menos dereitos sociais, e no que hai que reconocerlle que minten magníficamente”.

Lamentou que o PP e Rajoy “falan de todo, menos de como sacar adiante este país” e afondou na necesidade de cambiar o modelo económico. “Cando falan de gobernos tecnócratas, é para botarse a tremer”, apuntou.

“Un tecnócrata lle dirá a un enfermo que demostre a súa enfermidade, e lle dirá a un estudiante que presente un aval. O único aval que ten o noso estado social se chama PSOE”, apuntou.
“Non deixemos que nos enganen co de canto menos estado mellor. Non deixemos que nos digan o mesmo que nos contou Feijóo en Galicia. Rajoy xa se sacou a careta e estou convencido de que os progresistas irán a votar o domingo”.

“O PP nos quere cobrar por ir ao médico e polos medicamentos, pecharon quirófanos polas tardes, aplicaron un prezo á tarxeta sanitaria, e están construíndo un modelo que favorece á privatización”, sinalou. “Tamén retirará o seguro de desemprego, e o peor ademais de non ter traballo é non ter unha cobertura que permita vivir con dignidade”, dixo.

Referiuse especialmente aos dependentes “aos que temos que axudarlle porque son os que teñen mais debilidades” e preguntouse “como podemos votar a un partido como o PP, que di que os temos que deixar sos”.

“O 20N non nos xogamos que goberne un ou outro partido, senón que nos xogamos un xeito de vivir”, concluíu.

Por elo fixo un chamamento ao voto progresista. “Dediquemos estas últimas horas a algo que é posible, que é que todos os que lexitimamente non están contentos co goberno socialista vexan que hai dúas alternativas: ou goberna un home como Rubalcaba, comprometido, que che mira aos ollos, ou un home como Rajoy, que non se compromete con nada”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar