Pachi Vázquez afirma que o PSdeG “é a única forza política que pode liderar o cambio en Galicia” para acabar “coas políticas de sufrimento do PP e iniciar a senda do crecemento”

Pachi Vázquez afirma que o PSdeG “é a única forza política que pode liderar o cambio en Galicia” para acabar “coas políticas de sufrimento do PP e iniciar a senda do crecemento”

Pachi Vázquez afirma que o PSdeG “é a única forza política que pode liderar o cambio en Galicia” para acabar “coas políticas de sufrimento do PP e iniciar a senda do crecemento”

O candidato socialista á presidencia Xunta, Pachi Vázquez, afirmou que o PSdeG é “a única forza política que pode liderar o cambio en Galicia” polo que pediu aos cidadáns “que aposten por cambiar o sufrimento polo crecemento económico” apoiando aos socialistas galegos “que temos a ilusión, forza, ganas e vontade de pilotar este cambio cunha maioría de progreso”.

Así o dixo na rolda de prensa posterior á reunión do Comité de Campaña, acompañado dos cabezas de lista das catro provincias galegas; Francisco Caamaño, Abel Losada, Concepción Burgo e a número dous por Ourense, María Quintas.

Pachi Vázquez defendeu que Galicia necesita “un goberno que non minta, que non engane masivamente como fixo Feijóo no caso dos contratos de Pemex, da auditoría das caixas, e dos recortes en pensións, sanidade e educación”.

Fronte a isto, avogou por “un goberno que priorice crecemento, emprego, transparencia e diga sempre a verdade. Que defenda os intereses de todos fronte aos de uns poucos”.

“Apoiar ao PP é apoiar os recortes de prestacións de desemprego, é apoiar os recortes ás becas dos estudantes. Os pensionistas que apoien ao PP estarán apoiando os recortes de pensións e pagar os seus medicamentos; os traballadores públicos que apoien ao PP estarán a apoiar n o despido de traballadores públicos; e as familias que apoien ao PP estarán a apoiar a inxustiza de que as clases medias paguen unha crise da que son as vítimas”, proclamou.

O candidato socialista apostou por unha campaña “limpa, propositiva e de diálogo coas persoas, escoitando as súas demandas, tentando solucionar os seus problemas e explicándolles como queremos conquistar un futuro distinto para Galicia”.

Defendeu a necesidade de “darlle voz á cidadanía”, unha voz “que o PP quere acalar” e darlle aos cidadáns “unha alternativa” porque tras tres anos e medio de Goberno de Feijoo e case un ano de Goberno de Rajoy “a situación en Galicia tórnase insostible”.

Lembrou que actualmente Galicia ten o maior número de desempregados da historia dende que hai rexistros, que o paro medra o dobre que en España, mentres os sectores produtivos agonizan, as listas de espera sanitarias están disparadas, os colexios e hospitais teñen menos docentes e sanitarios, e o PP pon en risco os servizos públicos.

Incidiu en que a campaña galega entra nun escenario no que o PP “pretende ocultar o rescate imparable deste país que porá en perigo as pensións”. Fronte ao camiño de “recortes e enganos do PP” defendeu o compromiso do PSdeG “para impulsar políticas de crecemento económico e emprego, fundamentalmente para mozos e mozas; ademais de políticas de apoio aos sectores produtivos, autónomos e o pequeno comercio”.

Pachi Vázquez comprometeuse a facer “un reparto xusto dos custos da crise” facendo que “paguen máis os bancos e os grandes patrimonios, e reducindo o gasto improductivo do Goberno galego”, ademais dunha “política de blindaxe da sanidade e a educación públicas” para “pararlle os pés a Feijóo, Rajoy e o PP”.

Viaxe de Feijóo en avión privado

Preguntado sobre a viaxe de Feijóo nun jet privado dun millonario en Uruguai, Vázquez amosouse convencido de que Feijoo “o vai explicar”. “Eu só podo dicir que eu fun de Bos Aires a Montevideo en liña regular e clase turista, pero estou seguro de que el dará unha explicación”, dixo.

Sobre as amonestacións da Xunta Electoral pola utilización partidista de medios públicos, Vázquez criticou que “siguen a facer o mesmo” e lembrou tamén a utilización da televisión e radio públicas, aos que pediu “que sexan xustos e neutrais, e dean a mesma oportunidade a todos os partidos políticos”. Reclamou así “xogo limpo” para que os cidadáns reciban as mensaxes “con naturalidade e normalidade”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar