Pachi Vázquez afirma que o copago farmacéutico é unha medida inxusta e ineficaz á que os socialistas se van opoñer rotundamente

Pachi Vázquez afirma que o copago farmacéutico é unha medida inxusta e ineficaz á que os socialistas se van opoñer rotundamente

Pachi Vázquez afirma que o copago farmacéutico é unha medida inxusta e ineficaz á que os socialistas se van opoñer rotundamente

Explica que se trata dunha decisión ideolóxica “porque non resolve ningún problema” de financiamento, xa que só se van recadar 60 millóns de euros dos 3.000 millóns que ten de orzamento a sanidade pública galega

Comprometeuse “a un acordo co PP para recadar eses 60 millóns de euros sen que o teñan que pagar os nosos pensionistas e os nosos enfermos”

Lamenta que “O PP está intentando resolver a crise a costa da saúde dos nosos maiores e da educación dos nosos fillos” e afirma que “nos encontrarán radicalmente en contra se queren cobrarlle a quen menos ten e máis o necesita”

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, anunciou en Ourense que Partido Socialista de Galicia “se vai opoñer rotundamente” ao copago sanitario, porque é “inxusto e ineficaz”.

Vázquez afirmou que Feijóo é o responsable de querer aplicarlle a toda Galicia unha estratexia que non ten un compoñente económico senón ideolóxico, xa que en Galicia se facturan ao ano 60 millóns de euros/ano en receitas, e o custe medio por receita segue sendo o máis alto de España, rondando os 12 euros. O 10% significaría que Galicia vai a cobrarlle aos seus pensionistas e aos seus enfermos entre 60 e 65 millóns de euros ao ano.

Explicou cuns orzamentos da Xunta de máis de 9.000 millóns de euros esta medida non significa máis do 0,6%, polo que non se resolve ningún problema. Así, dixo que “é unha decisión ideolóxica” que ven acompañada de outras “que camiñan claramente ao desmantelamento do sistema nacional de saúde para privatízalo”.

“Todos os pensionistas galegos van ter que pagar os seus medicamentos, algúns máis que outros”, dixo Vázquez, criticando as medias verdades do PP cando fala dos parados e os seus “eufemismos” cando fala de pagar segundo a renda.

O líder dos socialistas lembrou que os nosos maiores van ao médico cunha extraordinaria frecuencia e que “aos 70 anos todos somos enfermos crónicos”, polo que lle pediu a Feijóo que non aplique o copago en Galicia.

Vázquez incidiu en que a nosa sanidade é a segunda con menor coste de Europa, e se o problema é financiamento e o que necesita a sanidade galega son 60 millóns de euros en cerca de 3.000 que ten de orzamento, se comprometeu “a un acordo co PP para recadar eses 60 millóns de euros sen que o teñan que pagar os nosos pensionistas e os nosos enfermos”.

Ademais lembrou as mentiras do PP durante a campaña electoral , que negaban que instaurarían o copago sanitario, e chamou a atención sobre o anuncio feito onte pola ministra sobre a posibilidade introducir tamén o copago na asistencia sanitaria.

Precisamente sobre o copago sanitario versará a pregunta do vindeiro mércores no Parlamento, onde os socialistas proporán recadar esta cifra aumentando o tramo autonómico do IRPF, incrementando de novo a fiscalidade ás sucesións e patrimonio, ás grandes áreas comerciais ou novos impostos medioambientais.

“Nos encontrarán radicalmente en contra se queren cobrarlle a quen menos ten e máis o necesita”, dixo, ao que engadiu que a media das pensións na provincia de Ourense é de 604 euros/mes, fronte aos 693 euros/mes en Galicia, e 825 euros/mes de media en España.

Neste sentido explicou que na Galicia interior se produce unha dobre inxustiza, que é que paguen todos os maiores e que as súas pensións rondan o umbral de pobreza, e con esta medida entran definitivamente no umbral de pobreza.

“O PP está intentando resolver a crise a costa da saúde dos nosos maiores e da educación dos nosos fillos”, censurou, mentres que Feijóo non quere saber nada do sistema financiero-especulativo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar