Pachi Vázquez afirma que o cambio en Galicia non só é posible senón que é necesario

Pachi Vázquez afirma que o cambio en Galicia non só é posible senón que é necesario

Pachi Vázquez afirma que o cambio en Galicia non só é posible senón que é necesario

Na clausura do 2º Congreso Provincial do PSdeG de Ourense dixo que os socialistas gañarán as vindeiras eleccións autonómicas, porque a xestión da dereita en Galicia significou recesión, máis paro e copago

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, afirmou en Ourense que “o cambio en Galicia non só é posible, senón que é necesario”, e que “imos gañar as eleccións, sexan dentro de catro meses ou de oito”.

Despois de asistir á toma de posesión de Javier Fernández como presidente do Goberno de Asturias, Vázquez dixo que igual que os asturianos se decataron en moi pouco tempo do mal que o estaba facendo a dereita, e votaron por unha opción de esquerdas, os galegos o repetirán en moi poucos meses.

No 2º Congreso Provincial dos socialistas de Ourese, Pachi explicou que “no PSdeG o camiño a seguir o marcan as bases”, de abaixo enriba, non como o PP que fai congresos “de pai a fillo”.

“O socialismo comeza a emerxer de novo. Os cidadáns xa non confían na dereita para a resolución desta crise”, asegurou, porque a xestión da dereita en Galicia significou recesión, máis paro e copago.

Vázquez explicou que desta crise se sale abordando a reforma do sistema financiero, e non cobrando os medicamentos aos pensionistas mentres lle acabamos de dar a Bankia 24.000 millóns de euros, dicindo ademais que é “unha inversión”.

http://Fine-wood-working.com/

Esixiu a Feijóo que diga como vai a acabar o sistema financeiro galego e como van solucionar o “roubo” das preferentes. “Os socialistas non podemos ser cómplices deste modelo”.

“Tras máis de tres anos de Goberno o resultado é: recesión, incremento do paro e copago sanitario”, lembrou, e criticou a trampa contable de Feijóo que contra o déficit “facendo que un ano dure nove meses”.

“É o annus Feijóo, para cobrar 12 meses e para pagar 9”, dixo, ao que engadiu que “eu de PEMEX non dubido, de quen dubido e del”, porque en Melón aínda están esperando os coches eléctricos e en Salvaterra do Miño por Mitsubishi.

Así, lembrou que os socialistas propuxeron un novo sistema de fiscalidade para a banca, e dedicar o diñeiro a políticas de emprego para os mozos deste país.

Ademais, Vázquez reivindicou “a sanidade e a educación como “piares centrais da igualdade entre a cidadanía”, unha sanidade e unha e educación universais, públicas e gratuítas, e porque son sistemas totalmente sostibles, “que ninguén discute, agás a dereita, que o fai por pura ideoloxía”.

O líder dos socialistas galegos afirmou que “fronte á política destrutiva da dereita, os socialistas apostamos polo crecemento e o benestar”.

Vázquez dixo que dende o 20M o PP vai claramente hacia abaixo nas enquisas, e o PSOE vai claramente hacia arriba, polo que agora o PP está inventando globos sonda, como fan en cada período electoral, presentando proxectos que crean postos de traballo.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar