Pachi Vázquez afirma que "a mellor manifestación contra os que desmontan a educación pública é votar o domingo"

Pachi Vázquez afirma que "a mellor manifestación contra os que desmontan a educación pública é votar o domingo"

Pachi Vázquez afirma que "a mellor manifestación contra os que desmontan a educación pública é votar o domingo"

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, criticou os ataques á sanidade e educación públicas dos gobernos de Rajoy e Feijóo. Referíndose ás manifestacións de pais, nais e alumnos do día de hoxe afirmou que “a mellor manifestación contra os que están desmontando a educación pública, pechando escolas, despedindo profesores, quitando libros de texto gratuítos e reducindo becas, é votar o domingo”.

Así o afirmou nun acto con veciños e veciñas en Ares (A Coruña), no que participou xunto ao presidente do Principado de Asturias, Javier Fernández, e o ao que tamén asistiron o alcalde, Julio Iglesias, e os alcaldes de A Capela e As Pontes e a candidata da comarca, Beatriz Sestayo.

Sinalou que a saída desta crise implica un cambio de modelo, que pasa por apostar pola educación, o coñecemento e a innovación. “España e Galicia teñen a taxa de fracaso escolar mais alto de Europa, e non podemos competir en coñecemento se desmantelamos o sistema público de educación”, dixo.

Avogou así por “volver a contratar profesores e investir en universidades e coñecemento” porque “formar aos nosos fillos non é un gasto, é un investimento”.

Vázquez incidiu na necesidade de crear emprego e de contar para elo cun goberno socialista. Así o dixo no acto de hoxe, co que rematou unha mañá que comezaba cun encontro coa Asociación de Amigos do Ferrocarril en Ferrol xunto ao presidente do Principado de Asturias, Javier Fernández, e en Narón, onde visitou a empresa Indasa e mantivo unha serie de encontros cos traballadores de Privilege e Poligal.

“A xente necesita un goberno que mire para eles, que escoite os seus problemas, mentres que en Galicia temos un presidente que cando pode colle un avión para ir aos platós, e que nega o aumento do paro e da débeda”, afirmou.

Lembrou que Feijóo “presumía de cumprir os obxectivos de déficit e era mentira, tivo que vir o conselleiro de Economía de Fraga e o Consello de Contas a dicir que movera 400 millóns das contas do 2010”.

Carcajada

O candidato socialista proclamou que “hoxe Feijóo di que o Goberno galego paga as facturas en 45 días, e se produce unha carcajada general, porque todos os empresarios saben que o goberno tarda meses en pagar”. Fronte a isto, Pachi Vázquez defendeu outro proxecto de país e comprometeuse a “dicir a verdade, ter solidez, atender os problemas da xente e fundamentalmente o do emprego”.

Lembrou que Galicia ten 9.000 millóns de euros de presuposto, e que é necesario investilos “nos mozos e mozas que ven que non teñen oportunidades de emprego; nas mulleres, que ven que hai un sistema laboral que cada vez os axuda menos; e nas persoas que van ao paro con 45 anos e aos que non lles podemos dicir que acaba aí a súa vida laboral”.

Por elo, avanzou que destinará 450 millóns que prevé recadar coa nova fiscalidade, impostos á banca, a grandes fortunas e a grandes superficies comerciais e grandes contaminadores a crear emprego para xóvenes, mulleres e parados de larga duración.

Pachi Vázquez comprometeuse a “non gastar nin un só euro que non sexa para crear emprego e blindar a sanidade, a educación e a dependencia” e a reducir o gasto improdutivo “porque é mais de sentido común en vez de pechar colexios e hospitais pechar deputacións”.

Afondou na necesidade de simplificar a administración pública, pero puntualizou que “hai dúas que son necesarias, o Goberno Autonómico e os concellos, que son os que están en contacto directo coa xente”. Lembrou que “se en vez de demonizar aos concellos lles deramos recursos, mellor nos iría” e avogou por que concellos, empresas e xunta “nos poñamos de acordo para poñer a andar a rolda do crecemento económico”.

Vázquez advertiu que a intención do Goberno de Rajoy é anunciar o rescate de España tras as eleccións, “aínda que eles non lle chaman así. Cando sacaron os libros gratis, chamáronlle gratuidade solidaria; cando anularon o decreto do galego era galeguismo cordial, e agora chámanlle rescate virtual”.

“Non nos enganemos, non veñen rescatar persoas, veñen a rescatar bancos a costa dos pensionistas, dos traballadores públicos e dos dereitos sociais. Van ir a polas pensións e hai que paralos, e a única maneira de facelo é nas urnas”, sentenciou.

Criticou ademais a austeridade de Feijóo porque “di que é austero porque aforra, pero en realidade ese gasto colócallo ás familias. Iso non é austeridade, iso é ter moita cara”, proclamou.

Presidente de Asturias

Pola súa parte, o presidente de Asturias sinalou que estas eleccións non interesan só a Galicia, senón “a toda España” xa que nos xogamos a sociedade do benestar.

Apuntou que “en lo que más nos hemos equivocado es en no controlar suficientemente a los banqueros” e advertiu que “el gobierno pospuso los presupuestos hasta que pasasen las elecciones de Andalucía y Asturias, y ahora está posponiendo la decisión de intervención y pensiones hasta elecciones Galicia”.

“Pues perdieron en Andalucía y Asturias, y el próximo domingo no van a tener el gobierno de Galicia”, proclamou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar