Pachi Vázquez afirma que a Feijóo estáselle a caer o castelo de naipes de adalid da transparencia e da austeridade

Pachi Vázquez afirma que a Feijóo estáselle a caer o castelo de naipes de adalid da transparencia e da austeridade

Pachi Vázquez afirma que a Feijóo estáselle a caer o castelo de naipes de adalid da transparencia e da austeridade

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, mantivo unha xuntanza de traballo con cargos orgánicos, institucionais da provincia de Ourense e militantes e simpatizantes de Ribadavia. Unha xornada sobre os problemas da xente que contrastan coa parálise e a mentira na que está inmerso o Goberno galego e o Partido Popular, a xuízo do dirixente socialista.

Nunha pausa para a atención aos medios de comunicación, referiuse á publicación das fotos de Marcial Dorado co Presidente Feijóo para salientar o “inmenso dano que lle fan a este país”, porque, explicou, “retrotráenos a unha época en que se vinculaba a Galicia a unha actividade denostada pola sociedade e, sobre todo, porque cada día que fala el ou alguén do seu entorno se comproba que está mentindo, ocultando, tratando de tapar algo sobre o que xa ninguén lle cree”, aseverou Vázquez.

A este presidente, que era o “adalid da transparencia e a austeridade”, todo iso lle está a caer coma se fora un castelo de naipes, afirma o líder dos socialistas galegos. O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE afirmou que, coma calquera galego ou galega, el pasa o fin de ano en familia e coas persoas que mais estima. “Feijóo pasaba o Fin de Ano con Marcial Dorado, e non hai ningún galego ou galega que non pase o fin de ano con alguén con quen teña moita relación”, sinala o dirixente socialista.

Preguntado polas declaracións do Valedor do Pobo nas que afirmaba que as fotos publicadas non tiñan interese xornalísitico, Pachi Vázquez replicou ao valedor que o pobo ao que ten que defender é o pobo galego, “o que se manifestaba polas rúas nos anos 90 contra os narcotraficantes, cando o actual presidente da xunta paseaba en iate cun dos maiores narcotraficantes”.

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE díxolle ao Valedor que defenda “aos que sofren, ás familias que tiveron vítimas do narcotráfico, aos que seguen cunha vinculación co mundo da drogadicción” e lémbralle que Marcial Dorado está na cadea por estar relacionado cun alixo de 6.500 quilos de cocaína. Para Vázquez “xa está ben de dobre moral, o Valedor ten bastante que facer sen meterse en charcos”, sentenciou.

Anunciou que os socialistas preguntarán ao ministro de Xustiza que a policía lle pida ao xuíz que saia a defender a Feijóo. “No sistema xudicial que coñezo nunca a policía manda ao xuíz, senón ao revés”, salientou. Preguntouse polo que pintan nesta relación de nove anos de Feijóo con Dorado a policía e o xuíz. “Qué houbo para dicir que non hai nada?, como pode absolver o xuiz Taín, como di o PP, se non houbo investigación?” apunta o máximo responsable do socialismo galego.

Dixo Tamén non compartir a visión do Xuíz Taín sobre a relevancia dunhas fotos atopadas nun rexistro a un narco. “Se vexo que o número dous da consellería de Sanidade está en moitas fotos con este señor non se me ocorrería pensar que non teñen importancia”, afrimou.

Insistiu na diferente acción política de socialistas e populares: “Nós estamos a traballar noutra cousa diferente”, como, por exemplo, en por que van ter que pagar o autobús escolar os rapaces de Ribadavia, porque aínda que a lei di que os habitantes do rural estarán exentos de pagar o transporte e o comedor escolar o Goberno aplícalle unha taxa. Pachi Vázquez afirma que Galicia ten “un Goberno que se dedica a enganar”. Instou ao Executivo de Feijóo a que inviten a ver os floteis a Vigo, os coches eléctricos de Melón e o dique flotante de Ferrol”.

Denuncia o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE que “o Goberno está escondido e esconde ao seu Presidente” que, pronto, como en Madrid, “fará seguir as rodas de prensa por unha televisión de plasma”.

AVE OURENSE. ALTA TRAICIÓN DO PP Á PROVINCIA E Á CIDADE

Consultada a opinión do dirixente socialista sobre a postura do PP sobre o AVE a Galicia e a estación de Ourense. Pachi Vázquez afirma que “os mesmos empresarios que non lles chegaba co AVE, a estación soterrada, Norman Foster e dous hovos fritos, agora din que non precisan nada, que non queren líos”. Existe para Vázquez unha dobre moral da dereita empresarial e política de Ourense que leva a votar unha cousa en Galicia e a contraria en Madrid. “Os socialistas só temos unha postura, o xogamos todo a unha soa carta: A estación central do AVE galego en Ourense”. O que traballe contra iso é “alta traizón e o PP pasou de esixir no pacto do Obradoiro datas e máis cada quince días a dicir que carece de importancia” sentenciou Pachi Vázquez.

Aos de Ourense “nos toca outra vez apandar e que nos saquen o pouco que temos”. Pachi insiste en que “hai que ser realistas, tócanos ser a estación central de Galicia á terceira cidade deste país. Xa está ben de traizoar a esta provincia e a esta cidade”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar