Pachi Vázquez advirte que o único relato de Feijóo é “a ocultación e a mentira” e reclámalle “menos conto e mais verdades”

Pachi Vázquez advirte que o único relato de Feijóo é “a ocultación e a mentira” e reclámalle “menos conto e mais verdades”

Pachi Vázquez advirte que o único relato de Feijóo é “a ocultación e a mentira” e reclámalle “menos conto e mais verdades”

O líder dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, criticou o deterioro da calidade democrática en Galicia polas “mentiras” de Feijóo a través do Goberno “coa complicidade do Parlamento”. Así o dixo na sesión de control ao presidente da Xunta, na que lle esixiu que “deixe de dar consellos a Rajoy e de dar relato, ofreza menos conto e mais verdades no Parlamento”.

Explicou que “calidade democrática é ter transparencia na xestión” para acto seguido reprocharlle ao presidente da Xunta que “oculta elementos clave da súa xestión política”. Lembrou que dun total de 144 solicitudes de documentación, a Xunta só respondeu en prazo a 8 “coa complicidade do Parlamento”, e na lexislatura pasada só aceptaron 4 comparecencias dun total de 552 solicitadas e responderon a 1.400 preguntas dun total de 10.000.

O líder socialista reprochoulle ao presidente da Xunta que escollera “o camiño do relato, de ocultalo todo, de negar a verdade e impedir que os verdadeiros datos cheguen á cidadanía”. Así, criticou que “mentres Feijóo saca peito de control do déficit, ten agochado dende fai 8 meses o informe do Consello de Contas que certifica que no ano 2010 agochou 400 millóns de euros” e “aínda non sabemos cánto agochou en 2011 e 2012”.

Reclamoulle tamén que “diga qué agocha da súa relación co narcotraficante Marcial Dorado, diga quén o chantaxea”, tal e como denunciou o propio Feijóo. Fixo alusión á comparecencia, mañá, do secretario xeral do Sergas “o cargo que tiña vostede cando paseaba no iate e ía de vacacións por toda España con Marcial Dorado”, e anunciou que “só lle preguntaremos si se subiría no iate do narcotraficante”.

Lembrou que a Xunta ten agochado tamén a auditoría elaborada por KPMG por 1,2 millóns de euros sobre a fusión das caixas e que supostamente avalaba o proceso pero que “non veu ninguén”, malia que os socialistas a solicitaron en 9 ocasións. Tamén agocharon os supostos contratos asinados coa petroleira mexicana Pemex para construír buques en Galicia e que os socialistas “pedimos 20 veces”.

Criticou que “esta sexa a calidade democrática e a transparencia do seu goberno”, que agocha información e “presume de Inditex pero non fala de Pescanova, do sector eólico ou dos 290.459 parados e paradas que o están pasando mal”. Sinalou que hoxe hai 180.000 galegos e galegas desempregados que non perciben ningunha prestación, e outras 20.000 familias que terán que pagar os comedores escolares dos seus fillos.

zp8497586rq

32641281A

Pechar