O teito de gasto do Goberno de Feijóo é só unha excusa para seguir recortando en educación e sanidade

O teito de gasto do Goberno de Feijóo é só unha excusa para seguir recortando en educación e sanidade

O teito de gasto do Goberno de Feijóo é só unha excusa para seguir recortando en educación e sanidade

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, advertiu hoxe que a lei para limitar o teito de gasto que pretende aprobar o Goberno de Feijóo “en realidade é o teito de ingresos” e será a nova xustificación do presidente da Xunta para “os recortes que o PP ten previsto facer en educación e sanidade públicas”. Así, chamou a atención sobre a renuncia de Feijoo a intervir nos ingresos xerando máis, por exemplo coa suba de impostos no tramo autonómicos aos máis ricos, mentres se centra unicamente en recortar os gastos, e con eles as prestacións.

Na súa intervención no Comité Nacional do PSdeG, Vázquez denunciou que o teito de gasto significa “entre outras lindezas, que o ensino público terá 1.080 docentes menos, o desmantelamento do transporte sanitario, das áreas sanitarias, e todos os recortes dos servicios públicos dos cidadáns”. Na mesma liña, preguntouse porque “despois da matraca que deu Feijóo pedindo 840 millóns máis ao Goberno central, como é que non os inclúe nos orzamentos do ano que ven, ou e que agora xa non hai que pedirllos a ninguén?”.

“Neste momento hai unha cruzada do Goberno de Feijóo contra o ensino público”, denunciou Vázquez, “e nese laboratorio político neoliberal da dereita ultraconservadora no que o Goberno de Feijóo converteu a Galicia, a dereita galega é o alumno avantaxado de cómo desmantelar as políticas sociais”.

“Ladrillo a ladrillo, están a desmontar o edificio do ensino público”, sentenciou, por elo, pediu ao Goberno de Feijóo “que deixe de enfrontar aos profesores cos pais, e de mentir dicindo que estamos discutindo o incremento de horas lectivas. O que estamos a discutir é como se suprimen os docentes e se cargan os horarios lectivos en detrimento dos reforzos escolares, o que abocará a unha peor calidade do ensino e ao fracaso escolar”.

“Onte milleiros de persoas saíron ás rúas para defender un modelo de ensino público. Por iso, non podemos permitir ao Goberno galego que insulte aos docentes e que oculte aos pais e nais a realidade: que o ratio de alumnos por aula se dispara, a cobertura de comedores escolares se cae, e se anuncia o copago no transporte escolar, mentres se pechan aulas nos centros públicos para abrilas nos privados e programas como o Abalar (ordenadores para alumnos) se escoran descaradamente aos centros privados”.

“O PP segue a dicir que non recorta en sanidade e educación, pero os números son claros, e a verdade é que en dous anos recortaron máis de 420 millóns en sanidade e 215 millóns en educación”, afirmou.

EmpregoAsí, instou ao PP e a González Pons, “que di que sabe como crear tres millóns e medio de empregos, que lle pregunte a Feijóo por que en Galicia, a pesar de que o Goberno galego oculta aos parados baixo a mesa, os desempregados duplican a media de España”.

No que respecta ao emprego e a economía, Vázquez cualificou de “desastre” as políticas de Feijóo, e sinalou como principal problema a fenda en industria. “Mais de 40.000 homes e mulleres levan o peso do desemprego polo desmantelamento dos sectores estratéxicos e industriais”, apuntou.

Fronte a isto, avogou por un novo modelo de país, no que “as prioridades sexan o emprego, apoio aos sectores productivos e estratéxicos, a dinamización económica, e a blindaxe das políticas sociais”.

Estatuto “Os socialistas queremos cambiar o modelo do PP, con garantías económicas, blindando os servizos públicos, reformando a arquitectura institucional, e para elo poñemos sobre a mesa a reforma do noso Estatuto” fronte a un PP “que se avergoña da Carta Magna galega”.

Lembrou que sete comunidades teñen reformado os seus estatutos, “se somos capaces como partido de abordar unha reforma constitucional en sete días, que foi dolorosa, pero necesaria e feita dende a responsabilidade, non vamos renunciar a cambiar a Constitución de Galicia para garantirlle aos galegos e galegas a igualdade co resto dos cidadáns do Estado.

Pediu por elo a Feijóo “que pare xa de pisar este país” porque “cando gobernaba con Fraga, non era o momento; cando gobernou Touriño non nos deixou, e agora que goberna di que non toca”.

Afirmou que “Estatuto significa economía, euros, dereitos, reforma institucional, e os socialistas queremos falar desto” e lembrou que “dende o 36 os socialistas fomos os que sempre miramos pola defensa estatutaria”.

Eleccións xerais
De cara ás eleccións xerais, Vázquez contrapuxo o modelo socialdemócrata de Rubalcaba co de Rajoy que “é un modelo ultraconservador, que bebe das fontes da ultradereita europea, do modelo Thatcher, e que pensa que canto menos Estado e menos políticas sociais, mellor”.

“Ese discurso de que os socialistas non estamos a prol da estabilidade orzamentaria é falso, porque o PSOE apoiou a lei en España hai dous anos e o PSdeG o fixo fai escasos meses en Galicia”, dixo.

Explicou que “o que nos defendemos é un modelo onde a estabilidade orzamentaria dea como resultado un país equilibrado, con recursos para políticas sociais; mentres que da factoría FAES o que saíu foi unha proposta de déficit cero, onde primeiro cadramos as contas e logo falamos dos cidadáns”.

Por todo elo, fixo un chamamento ao socialismo galego para afrontar con “tranquilidade, serenidade e ilusión” este proceso electoral fronte a un PP “que está a vender a pel do oso antes de cazalo”.

Defendeu tamén a participación da militancia nestas eleccións xa que “todo o que queira pode presentarse, e seremos os militantes os que elexiremos a través das asambleas, os comités provinciais e a Executiva Nacional”. “Aspiramos a que o partido teña voz propia no Congreso e no Senado, defendendo o modelo socialista pero tamén a Galicia, poñendo por diante os intereses do noso país”.

Unha persoa, un cargoAvogou por cumprir as normas “porque se dixemos unha persoa, un cargo, é o que imos a facer, esa vai ser a norma do partido socialista”, proclamou, e asegurou que “me consta que é unha premisa que todos compartimos, máis alá de visións anecdóticas”.

“Cando cumprimos con nos mesmos, a xente cre mais en nos; os compañeiros e compañeiras entenden que teñen as mesmas oportunidades, e engrandecemos o noso partido, porque somos o partido que defende a igualdade”, proclamou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar