Pachi Vázquez advirte que o Goberno galego pretende cobrar polo mal uso da sanidade pública

Pachi Vázquez advirte que o Goberno galego pretende cobrar polo mal uso da sanidade pública

Pachi Vázquez advirte que o Goberno galego pretende cobrar polo mal uso da sanidade pública

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, advertiu que, segundo publica o DOG, o Sergas pretende cobrar aos cidadáns polo mal uso da sanidade pública. “Medo me da”, dixo Vázquez, “porque é o anticipo de que hai unha estratexia do PP para empezar a cobrar pola sanidade pública en Galicia, e no resto de España se chegan a gobernar”.

Vázquez fixo estas declaracións en Santiago, onde fixo un percorrido polas rúas xunto aos candidatos pola provincia da Coruña, Francisco Caamaño e Miguel Cortizo, un percorrido que foi máis breve do previsto debido á choiva.

O líder socialista explicou que interpelará ao Goberno galego ante o anuncio de cobrar polo mal uso da sanidade pública, o que dixo “forma parte da estratexia do PP que avanzou Rajoy no debate con Rubalcaba, ao poñer en cuestión os elementos principais da nosa sociedade e polos que tanto levamos loitando”.

Así, destacou que no debate “quedou claro que o PP, se chega a gobernar, pretende revisar as pensións dos nosos maiores cada dous anos, e non para ir á alza, e cuestionar o seguro do desemprego e a sanidade e a educación públicas”.

“Rajoy seguiu no debate a estratexia de non falar e ocultar datos, fronte a un Rubalcaba que plantexou solucións: taxas e impostos á banca e as grandes fortunas para crear emprego; blindaxe da sanidade e a educación públicas, e compromiso de non tocar as pensións e de garantir o seguro do desemprego”.

“Dende onte os indecisos teñen mais motivos para moverse”, sentenciou Vázquez.

O candidato ao Congreso, Francisco Caamaño, afondou nesta idea ao afirmar que “despois do debate de onte, os indecisos puideron ver claramente o que vai pasar se goberna o PP: privatización da sanidade pública, abaratamento do despido e recorte de dereitos”.

Por elo, amosouse convencido de que “o 20N só vai quedar un indeciso, que é Rajoy, ese home que descoñece o seu propio programa e ao que alguén lle ten que escribir o que é España para que poida falar”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar