Pachi Vázquez advirte que o Goberno de Feijóo ten xa implantado o copago en Galicia

Pachi Vázquez advirte que o Goberno de Feijóo ten xa implantado o copago en Galicia

Pachi Vázquez advirte que o Goberno de Feijóo ten xa implantado o copago en Galicia

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, fixo un chamamento ao voto progresista e afirmou que “a pesar de que algúns venderon a pel do oso mentres o oso aínda está vivo, algo se está a mover entre os progresistas e cada vez quedan menos indecisos”.

Fixo esta afirmación na súa intervención no mitin de Ferrol, no que participou xunto ao ministro de Xustiza e candidato ao Congreso, Francisco Caamaño, a candidata Paloma Rodríguez e a secretaria xeral do PSdeG en Ferrol e deputada, Beatriz Sestayo.

Sinalou que “os socialistas non vamos prometer fórmulas máxicas para saír da crise, non has hai, esta será unha travesía dura, pero hai que escoller aos compañeiros de viaxe máis solidarios, os que pensan no que nos iguala e nos da oportunidades, en lugar dos que nos restan dereitos”.

Lembrou que a pesar da crise económica mundial “España mantense razoablemente ben, e mantén unha amplísima cobertura social. Isto non é un problema de Zapatero, como nos queren facer crer algúns que decidiron esconderse baixo o paraugas da crise para ver si así chegan á Moncloa”.

Copago en Galicia

Vázquez apuntou que en Galicia “temos a proba clara de que a dereita non sabe arranxar os problemas deste país”. “Estamos a facer un master en destrucción da sanidade co Goberno de Feijóo”, ironizou.

“A dereita sempre quixo cobrar a sanidade, e dende hai dous días pode facelo, tras aprobar un novo decreto. Dende hai dous días hai copago en Galicia”, proclamou.

Lembrou así que o Goberno galego aprobou dúas normativas, un decreto e unha orde, que permiten cobrar polas prestacións sanitarias a quen non leva alomenos seis meses empadroado en Galicia ou en función do uso que se faga dela.

“Este decreto e esta orde son inmorais e tamén ilegais, os vamos a recorrer na vía xudicial”, aseverou.

“En sanidade e educación, o Goberno de Feijóo recortou mil millóns de euros. Hoxe hai 40.000 dependentes esperando polas súas axudas, e ademais endebedou a Galicia en dous anos máis que nos 28 anos anteriores”, afirmou.

Pola súa parte, o candidato ao Congreso, Francisco Caamaño, destacou o traballo realizado polo Goberno socialista nos últimos oito anos, e lembrou a aprobación de leis como a da Memoria Histórica ou a do Matrimonio entre persoas do mesmo sexo, que incrementaron os dereitos.

No caso de Galicia, afirmou que Feijóo “converteuse nun activo tóxico para todo o que toca: meteuse coas pensións das mariscadoras, e quedan sen pensión; entrou na dependencia, e non hai axudas; dixo que arranxaría o paro e cada vez hai máis desemprego; e coas caixas xa foi un activo tóxico completo, porque foi meterse el e quedarnos sen elas”.

“Espero que non toque o naval, porque encargou un informe que espero que non sexa como o que encargou das caixas”, dixo, para garantir acto seguido “o compromiso dos socialistas con este sector”. “Temos que buscar solucións, pero con rigor e sen enganar. Polo goberno central actual non vai quedar, nin tampouco polo próximo goberno que estou seguro que será socialista”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar