Pachi Vázquez advirte que a dereita é máis paro, menos dereitos sociais e máis inxustiza

Pachi Vázquez advirte que a dereita é máis paro, menos dereitos sociais e máis inxustiza

Pachi Vázquez advirte que a dereita é máis paro, menos dereitos sociais e máis inxustiza

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, advertiu que “cando a dereita aplica a súas fórmulas o resultado é máis paro, menos dereitos sociais e máis inxustiza”. Así o afirmou o líder socialista na súa intervención no mitin de Lugo, no que participaron o presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, o ministro de Fomento e candidato ao Congreso por Lugo, José Blanco,  e o alcalde  de Lugo, José López Orozco

Vázquez iniciou a súa intervención expresando o agradecemento de todos os socialistas galegos a José Luís Rodríguez Zapatero por ser “o mellor presidente  de España que nunca tivo Galicia, xa que ningún goberno investiu tanto en Galicia nun momento tan difícil”. Ademais agradeceulle a Zapatero “o teu compromiso coa igualdade, coas liberdades, cos dereitos civís, pero sobre todo o teu compromiso coa paz”.

O líder dos socialistas  acusou a dereita de non ter nin solucións nin formulas para saír da crise. “Cando a dereita aplica as súas formulas os problemas aumentan e se agravan”, dixo antes de lembrar que “cando en 2009 gañou o PP, alardeaban de ter solucións para todo, e hoxe, so tres anos despois, a realidade e os galegos temos máis paro e que Galicia dobra o crecemento do paro de España”.

Neste senso recalcou que tres anos despois “temos menos empresas porque   lideramos o crecemento dos ERES en España” en termos porcentuais  e  ademais lembrou que “cando Feijóo chegou ao Goberno galego tiñamos en Galicia dúas caixas Caixa Galicia e  Caixanova, e un  banco, o Pastor. Hoxe non temos ningunha entidade financieira”.

Pachi Vázquez apuntou que “O PP levou acabo o maior deterioro das nosas políticas sociais, que se resumen en que este curso empezámolo con 3.000 alumnos máis, pero 1.000 profesores menos”. O secretario xeral dos socialistas galegos acusou tamén ao PP de “pretender que haxa dúas sanidades: unha paro os que teñen recursos e para os que non”.

Neste senso, o líder dos socialistas galegos tamén  denunciou que “hai 40.000 dependentes esperando unha axuda que non chega, nin vai chegar, xa que o pasado luns o PP lanzou un torpedo á liña de flotacións das políticas socias ao reducir o 80% as axudas aos concellos”. “Todo isto ven a demostrar que  o Goberno do PP é un rotundo fracaso, da crise non se sae reducindo dereitos senón sendo solidarios”, remarcou.

 

Pachi Vázquez lembrou tamén que “cando Ourense ardía, o delegado territorial da Xunta  estaba no Bernabeu” o que lle levou a concluír que “a esta xente non a necesitamos, necesitamos xente como as persoas das nosas candidaturas, comprometidas cos cidadáns e con Galicia”

“Digan o que digan, non hai nada decidido, e nos queremos gañar estas eleccións competindo para crear emprego e para apuntalar os piares básicos do Estado de Benestar, non como o PP, que so se dedica a recortar o sistema públicos”, proclamou.

Voto unido

O líder dos socialistas fixo un chamamento  para que todos os progresistas de Galicia voten PsdeG: “esa é a aposta que teñen que facer”, sentenciou.

“Temos que loitar, sobre todo, para que o custe da crise non recaia nos máis débiles e necesitados. Os grandes patrimonios e as rendas máis elevadas deben contribuír en maior medida a xerar ingresos que poidamos destinar, á creación de emprego, á sanidade e á educación, que son a verdadeira aposta que hai que facer neste momento”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar