Pachi Vázquez advirte aos emigrantes galegos que é posible cambiar o sufrimento que imprimen Feijoo e Rajoy por crecemento e progreso

Pachi Vázquez advirte aos emigrantes galegos que é posible cambiar o sufrimento que imprimen Feijoo e Rajoy por crecemento e progreso

Pachi Vázquez advirte aos emigrantes galegos que é posible cambiar o sufrimento que imprimen Feijoo e Rajoy por crecemento e progreso

O candidato á Presidencia da Xunta de Galicia e secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, quen tivo coñecemento nada máis pisar terra de Arxentina do nacemento do seu primeiro neto, mantivo este domingo unha intensa xornada de xuntanzas e encontros no país austral.

 Deste xeito, Pachi Vázquez reuniuse con emigrantes, mantivo un encontro con membros da Executiva do PSOE en Arxentina, sede do PSOE en Arxentina e participou nunha xuntanza con socios do Centro Carballiño, que leva o nome do Concello de Galicia no que exerceu como médico durante a súa carreira profesional,  no que reside e do que foi alcalde durante dez anos.

Durante as xuntanzas, o candidato á Presidencia da Xunta de Galicia polo PSdeG-PSOE trasladoulle aos emigrantes galegos residentes naquel país que se ben en Galicia “os recortes de Rajoy e Feijoo están martirizando aos galegos e ás galegas, en Arxentina, estanos masacrando”. Neste sentido, Pachi Vázquez advertiu que é posible “cambiar o sufrimento por un futuro de crecemento”.

 O secretario xeral de PSdeG-PSOE recoñeceu nas súas intervencións como “un grave erro o voto rogado”. Para o líder socialista, “foi un erro histórico dos partidos políticos en España” e comprometeuse ante os emigrantes a corrixir ese erro. Ao mesmo tempo, lembrou que tanto Galicia coma Asturias se opuxeron no seu día a este cambio lexislativo.

 Preguntado pola visita de Feijoo a Arxentina, Pachi Vázquez afirmou que “eu non veño nin a facerme fotos, nin a buscar aplausos, veño a estar, a escoitar e a falar cos emigrantes aos que Feijoo lle deu as costas durante catro anos”.

 Durante esta mesma xornada en Arxentina, o líder do PSdeG-PSOE manterá esta tarde (noite en Galicia) un encontro con socios do Centro Estrella de Avellaneda e mañá reunirase con mulleres e mozos e mozas no Centro Betanzos de Bos Aires e visitará o Centro Galego de Bos Aires antes de partir cara Montevideo, onde desenvolverá tamén outra intensa axenda de actividade. Na capital uruguaia visitará ás 17,30 horas a Casa de Galicia e ás 19,00 horas manterá un encontro con militantes e simpatizantes do PSOE en Uruguai.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar