Pachi Vázquez acusa aos gobernos do PP de destruír o emprego feminino e non apoiar a igualdade

Pachi Vázquez acusa aos gobernos do PP de destruír o emprego feminino e non apoiar a igualdade

Pachi Vázquez acusa aos gobernos do PP de destruír o emprego feminino e non apoiar a igualdade

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, advertiu hoxe que Feijóo en Galicia, e os gobernos da dereita doutras comunidades autónomas, están a destruír o emprego feminino.Fixo esta afirmación na intervención da Sectorial de Igualdade, na que participou hoxe na Coruña xunto aos candidatos Javier Losada e Paloma Rodríguez.

“É tan obvio que a igualdade enriquece a sociedade que nos preguntamos porque o PP non apoia a igualdade”, apuntou Vázquez. Sinalou que en Galicia temos o exemplo de como un goberno do PP tenta desmantelar o Estado de Benestar e todas as políticas de igualdade.

“O PP está destruíndo emprego en todas as comunidades nas que goberna, e singularmente o emprego feminino”, dixo. Apuntou que en Galicia hai 128.330 mulleres en paro, e que o crecemento de desemprego feminino é exponencial nos últimos tres meses”.

Este aumento do desemprego feminino está directamente relacionado cos recortes en materia social que está a acometer o Goberno de Feijóo, fundamentalmente en servizos sociais, dependencia e axuda a domicilio.

Así, sinalou que “é falso que o PP sexa mellor xestionando a economía, son un desastre, e nas comunidades gobernadas polo PP hai unha destrucción brutal de empregos en áreas relacionadas coas políticas sociais”.

“A dereita quere que a muller se ocupe do traballo social, pero non a través da creación de postos de traballo”, afirmou. Engadiu que o PP non aposta pola igualdade, como demostra o Goberno galego, que nos seus orzamentos pasou dos 31 millóns de euros destinados a políticas de igualdade en 2011 aos 6 millóns previstos en 2012.

Así, acusou ao PP e ao Goberno de Feijóo de “mentir cun cinismo impresionante” cando din que non tocan as políticas sociais “porque as cifras din todo o contrario”. “Hai toda unha estratexia ideolóxica do PP para desmontar o modelo social que tanto nos custou construír”, sentenciou.

Lembrou que “á súa chegada á Xunta, o primeiro que fixo Feijóo foi desmontar o Servizo Galego de Igualdade e retirar fondos para as políticas de conciliación da vida laboral e familiar”.

“Están atacando sistemáticamente o edificio do noso modelo social, desmontándoo ladrillo a ladrillo, e a unha das columnas deste modelo, que é a igualdade, están retirándolle os soportes, a ver si así cae”, dixo.

Por elo, afirmou que “os progresistas temos que defender as nosas políticas sociais, a educación, a sanidade, a dependencia e a igualdade, temos que ser capaces de cambiar o modelo económico pero sen reducir dereitos”.

Para elo afondou na necesidade de mobilizar o voto progresista porque “a solución da esquerda que agora está disgustada non pode ser deixar que gañe a dereita”. Fixo tamén un chamamento ao voto útil “porque neste momento é moito o que arriscamos se gaña a dereita, arriscamos o noso xeito de vivir e todo o que levamos construído e avanzado nos últimos anos”.

“Non temos tempo para disquisicións metafísicas. Os progresistas teñen que votar o domingo e temos que conseguir que os indecisos acudan ás urnas a dar o seu apoio ao PSOE para manter o noso Estado de Benestar”, salientou.

Fixo así un chamamento “para frear as insensateces políticas da dereita” e advertiu que “hai dúas maneiras de perder as eleccións: cando as das por perdidas e cando as das por gañadas”, remachou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar