Pachi Vázquez acusa ao PP de dar un "mazazo mortal" ao desenvolvemento de Galicia ao paralizar as adxudicacións do AVE

Pachi Vázquez acusa ao PP de dar un "mazazo mortal" ao desenvolvemento de Galicia ao paralizar as adxudicacións do AVE

Pachi Vázquez acusa ao PP de dar un "mazazo mortal" ao desenvolvemento de Galicia ao paralizar as adxudicacións do AVE

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, acusou a Feijóo e ao PP de dar “un mazazo mortal” ao desenvolvemento de Galicia, despois de coñecer que os representantes do PP na comisión que negocia o traspaso de poderes do Goberno central esixiu a paralización das licitacións e adxudicacións do AVE.

En declaracións á Cadena SER afirmou que “hoxe é un día moi negativo para Galicia, no que se confirma que para Feijóo e o PP Galicia non conta, só é un graneiro de votos, e non dubidan en antepoñer os intereses do seu partido aos dos galegos e galegas”.

Lembrou que os socialistas galegos “xa viñamos advertindo que o primeiro que faría o PP se chegaba ao Goberno era paralizar o AVE. Agora, desgraciadamente, podemos confirmalo”.

“Rajoy minte sistematicamente, o fixo co aprazamento da débeda ás comunidades e tamén cando afirmou que o AVE era unha prioridade para o PP. Pero a pregunta é onde está o presidente da Xunta?”.

Considerou “incrible” que Feijóo pasase dous anos e medio presionando ao Goberno central para que as licitacións non se retrasasen “nin un só día”, e agora “o primeiro que fai o PP ao chegar ao Goberno é paralizar as licitacións e adxudicacións do AVE galego”.

Por elo preguntouse “onde está agora o Feijóo que daba puñetazos enriba da mesa reivindicando ao Goberno central que fose xeneroso con Galicia, o Feijóo que pedía o aprazamento da débeda ás comunidades, ou o Feijóo que agora ve como o seu partido o primeiro que fai é anular os acordos do Pacto do Obradoiro?”, preguntouse.

“O PP sempre xoga a `poli bo – poli malo´, e mentres un lle fai dano a Galicia o outro di que non hai que facerlle dano, pero agora xa están dacordo os dous, Feijóo e Rajoy, en facer dano a Galicia”, sentenciou.

“Non podemos pasar por isto. Non podemos consentir que despois de ter un ministro como José Blanco, que fixo o maior investimento da historia para sacar adiante a Galicia, veña agora o PP, e en lugar de defender os intereses dos galegos e galegas que lle votaron maioritariamente, sexan paradoxicamente os primeiros en parar o desenvolvemento de Galicia”, apuntou.

Responsabilidade de Feijóo
Sinalou que “so hai un responsable disto, e é Feijóo, porque foi el quen garantiu aos galegos e galegas que el respondería diante do PP. Agora ten que responder e conseguir que as licitacións e adxudicacións do AVE non se paren nin un só día, porque era o mesmo que el esixía antes”.

Vázquez advertiu que “non valen xogos nin distraccións” porque “o presidente da Xunta ten que defender o desenvolvemento estratéxico de Galicia, e os intereses dos galegos e galegas e non os de Génova”.

Neste senso, lembrou que “todos os tramos do AVE que están licitados ou adxudicados teñen consignadas as correspondentes partidas orzamentarias”. Por elo advertiu que “non vale dicir que hai que mirar as contas e ver se hai diñeiro. Iso son só escusas, porque diñeiro para o AVE galego hai”, remachou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar