Pachi Vázquez acusa a Rajoy e a Feijóo de “facernos pagar coa saude dos nosos pais e coa educación dos nosos fillos” a crise provocada polo sistema financeiro

Pachi Vázquez acusa a Rajoy e a Feijóo de “facernos pagar coa saude dos nosos pais e coa educación dos nosos fillos” a crise provocada polo sistema financeiro

Pachi Vázquez acusa a Rajoy e a Feijóo de “facernos pagar coa saude dos nosos pais e coa educación dos nosos fillos” a crise provocada polo sistema financeiro

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE afirma que ante o copago sanitario e os recortes en educación anunciados polo Goberno, os socialistas “non imos deixar solos aos enfermos nin aos alumnos deste país”

Cualificou de “gran felonía” que Feijóo e Rajoy impoñan a todos os pensionistas galegos un pago mínimo do 10% das receitas

Afirma que os populares inician o “gran desembarco contra a sanidade pública” enganando aos mesmos cidadáns aos que en campaña lles dicían que o copago era unha mentira dos socialistas

Nunha xuntanza con Abel Caballero, Vázquez comprometeuse a cambiar a lei da Área Metropolitana de Vigo se os cidadáns outorgan aos socialistas a confianza para gobernar. Cualificou a actual lei de chiringuito de Feijóo contra Caballero e contra os vigueses que non lle votan a el

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, acusou aos presidentes Rajoy e Feijóo “facerlle pagar á saúde dos nosos pais e á educación dos nosos fillos o custe dunha crise que é do sistema financeiro”. Avanzou, por elo, que os socialistas non o van permitir, “non imos deixar solos aos enfermos, aos alumnos nin ao futuro deste país”, dixo.

O líder dos socialistas galegos, que se reuniu en Vigo co alcalde, Abel Caballero, para falar sobre a área metropolitana, denunciou que a proposta do copago farmacéutico é o inicio da “gran ofensiva contra a sanidade pública en España” que “tristemente”, encabezan os presidentes populares Rajoy e Feijóo.

Explicou o socialista que, como consecuencia do copago que queren impoñer Rajoy e Feijóo, a todos os pensionistas galegos se lles cobrará o 10 % das receitas, un acto que o dirixente socialista cualificou de “gran felonía”.

En este sentido, afondou o líder do PSdeG-PSOE explicando que, calquera maior de 70 anos é enfermo crónico de algo, sexa da tensión, do colesterol, de diabetes ou procesos articulares e debe acudir “periodicamente” ao médico.

O gasto en receitas farmacéuticas ao ano en Galicia é de 900 millóns de euros, correspondentes a 60 millóns de receitas, dunha media de 15 euros cada unha. Logo, o que se recadará por este copago será do 10% destes 15 euros, explica Pachi Vázquez, e “o resto son eufemismos”, en alusión a que eses mesmo recursos poden recadarse por outras vías. Por eso, instou ao Goberno de Rajoy a buscar fórmulas de financiamento alternativas, pero que “non faga pagar a quen menos ten e a quen máis o necesita” e anticipou que “todos os recursos do socialismo galego adicaranse a evitar que a sociedade deste país non pase por esta afrenta” que supón “desmontar” os sistemas nacional e galego

Vázquez recriminou aos populares que “inicien o grande desembarco contra a sanidade pública” a través da “mentira aos cidadáns” e o incumprimento do que dixeron en campaña”. Recordoulles a Rajoy e a Feijóo que en período electoral dicían que o copago “era unha mentira dos socialistas”.

ÁREA METROPOLITANA: A SEGUNDA LEI QUE FAI O PRESIDENTE FEIJÓO CONTRA VIGO

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, acusou aos populares de “querer gañar no Parlamento o que perde nas urnas en Vigo”. Tras a súa reunión co alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou que a Lei da Área Metropolitana é a segunda lei que “o presidente Feijóo fai contra a cidade” logo da “ofensiva contra o sistema financeiro galego”.

Acusou aos populares de desfacer o consenso nunha lei de área metropolitana, na que todos os grupos estaban de acordo, “por sacar rédito político”, aínda que para iso tiveran que saltarse todos os seus principios, provocando a duplicidade de servizos e multiplicando custes.

Afirma Pachi Vázquez que crear unha lei da área metropolitana de Vigo “contra Vigo” “só o pode facer alguén que ten moito odio contra Vigo”. Cualificou a área metropolitana coma un “chiringuito de Feijóo” na cidade “contra o alcalde de Vigo”, o socialista Abel Caballero, e “contra os vigueses que non lle votan.

O líder dos socialistas galegos vaticinou que, de todos os xeitos, a lei “nace morta”, porque “en poucos meses vai haber eleccións”, e, de acadar os socialistas a confianza para gobernar, comprometeu que “os socialistas o primeiro que faremos será cambiar esta lei por unha lei da área metropolitana útil para os cidadáns, que simplifique os servizos e abarate os custos”. Amosouse convencido, por experiencias semellantes anteriores, que “os propios cidadáns rexeitarán esta lei”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar