Pachi Vázquez acusa a Rajoy e a Feijóo de darlle a puntilla á Galicia interior coa reforma da Lei de Bases de Réxime Local e os incumprimentos electorais

Pachi Vázquez acusa a Rajoy e a Feijóo de darlle a puntilla á Galicia interior coa reforma da Lei de Bases de Réxime Local e os incumprimentos electorais

Pachi Vázquez acusa a Rajoy e a Feijóo de darlle a puntilla á Galicia interior coa reforma da Lei de Bases de Réxime Local e os incumprimentos electorais

O Secretario Xeral do PSdeG culpa aos responsables do PPdeG de que Ourense acadar o récord de EREs e de parados, 30.000 homes e mulleres sen máis recurso que a emigración

Acusa a Feijóo e a Rajoy de facer de Ourense unha experiencia piloto da aniquilación da dereita do modelo de vida na Galicia Interior

Vázquez anunciou a presentación coordinada de iniciativas dos grupos socialistas para evitar o obxectivo final da reforma local: a privatización da vida municipal e converter os servizos públicos en beneficios privados

De aprobarse o proxecto na súa actual redacción dos 92 concellos da provincia só mantería a autonomía local a cidade. O resto pasarían á tutela da Deputación

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, responsabilizou a Rajoy e a Feijóo de “facer inviable” economicamente a provincia e de empregar a Ourense como “experiencia piloto” de cómo a dereita está “aniquilando” todo o modelo de vida da Galicia Interior.

Vázquez asistiu hoxe á da permanente da Executiva provincial do PSdeG ourensán cos grupos da Deputación, Parlamento de Galicia, Congreso e Senado. Acusou a Rajoy e a Feijóo de pretender “dar a puntilla” ao Interior galego e suprimir de facto os concellos de Ourense a través da reforma da Lei de Bases de Réxime Local, a aprobar polo Consello de Ministros na súa vindeira reunión. Todos, agás a capital provincial, teñen menos 20.000 habitantes e quedarán suxeitos, de aprobarse o decretro, á tutela da Deputación provincial. No caso de Ourense, o órgano de menor transparencia, o que máis dilapida e que está inmerso nunha investigación polas contratacións.

Neste sentido, o máximo responsable dos socialistas galegos sinalou que, a partires de agora os socialistas galegos “só falaremos de Baltar a través dos xulgados” e así “centrarnos nas accións políticas para garantir que a xente poida vivir aquí”, e non teña que emigrar.

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE salienta que o obxectivo final da reforma da lei de Bases de Réxime Local é a de favorecer “a privatización da vida municipal para converter os servizos en pingües beneficios para os de sempre”.

“Aínda que os queren facer quedar como culpables, os concellos son as vítimas”, defende Pachi Vázquez a xestión de proximidade dos municipio. A culpable é a comunidade autónoma, “que non lles paga, que retira aos municipios a capacidade para achegar as prestacións sociais aos veciños e retira as subvencións para mantemento das infraestruturas. Suben ademais as achegas económicas que deberan abordar os concellos para evitar que concorran a axudas.

“Non se pode culpabilizar aos cidadáns por vivir onde viviron toda a vida”. “Presentaremos o dereito da Galicia Interior a vivir con dignidade”, dixo en referencia ás iniciativas que levarán a cabo os socialistas nos distintos foros institucionais.

Récords históricos en desemprego e EREs

A Permanente da Executiva provincial do PSdeG, celebrada esta mañá, estudou o informe de situación da provincia e acordou a acción coordinada nas institucións municipais, provincial, no Parlamento de Galicia, Congreso e Senado. Salientou Vázquez que as políticas do PP da provincia, de Feijóo e de Rajoy fixeron acadar a Ourense cifras récord de paro, con 30.000 homes e mulleres “que non só non atopan emprego senón que non lles queda máis alternativas nin saídas laborais que a emigración”. Outra marca histórica acadada é o número de EREs solicitados na provincia.

Salienta que todas as advertencias feitas durante a campaña electoral estanse a cumprir: “Non só hai unha suba de impostos, senón que tamén hai copago, de medicinas, ortopedia e transporte en ambulancia”, apunta o líder dos socialistas galegos, que, a continuación recorda que o Goberno xa empeza a admitir que votaría a médicos e docentes (recoñeceu o despedimento de 1.200), como advertiron os socialistas.

Para Pachi Vázquez, se alguén non “pon pe en parede” vai iniciarse “un recorrido sen retorno”. Denuncia o socialista o peche de xulgados nas cabeceiras de comarca, e existencia dun plan para concentrar os PACs e servizos de urxencia, e reproba que Feijóo consinta que os concellos queden sen unha oficina dunha entidade bancaria. “Ademais, anulouse o tema do AVE e a estación de Ourense quedou conxelada”, dixo en referencia a dous compromisos importantes para a provincia e a cidade.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar