Pachi Vázquez acusa a Feijóo de “trampear” o déficit de 2011 ao pechar o pago de facturas pola Xunta dende o 30 de setembro

Pachi Vázquez acusa a Feijóo de “trampear” o déficit de 2011 ao pechar o pago de facturas pola Xunta dende o 30 de setembro

Pachi Vázquez acusa a Feijóo de “trampear” o déficit de 2011 ao pechar o pago de facturas pola Xunta dende o 30 de setembro

Sitúa ao presidente da Xunta como “mellor exemplo de que cos recortes só se producen recesión, desemprego e pobreza”

O presidente do Grupo Socialista, Pachi Vázquez, acusou ao presidente da Xunta de “trampear” o déficit correspondente a 2011 pechando o pago de facturas entre o 30 de setembro e o 30 de decembro daquel ano. Así o dixo na Sesión de Control do Parlamento, na que puxo a Feijóo como “mellor exemplo de que cos recortes só se producen recesión, desemprego e pobreza”.

O líder dos socialistas galegos advertiu que, de acordo co DOG, a Xunta pechou o prazo para a presentación de facturas 30 de setembro de 2011, cando o habitual é pechalo a 15 ou incluso a 30 de decembro. Así, deixando fora do rexistro da Xunta milleiros de facturas, conseguiu cadrar as contas artificialmente.

Sinalou que “ao igual que Esperanza Aguirre, vostede deixa milleiros de facturas no caixón, pero a diferenza é que deixounas nos caixóns dos empresarios, aos que nin sequera aceptou que llelas presentaran”.

Pachi Vázquez lembrou que o presidente da Xunta é “especialista en trampear os datos do goberno galego” e lembrou a aplicación da clave S-698 para “facer desaparecer” milleiros de desempregados das listas do paro, ou “romper o sistema homologado de listas de espera na sanidade” para “inventar un modelo de prioridades para que lle saian as contas” da espera na sanidade pública.

O responsable socialista desafiou ao presidente da Xunta a certificar diante do Parlamento o pago de supostas certificacións contraídas entre o 30 de setembro e o 30 de decembro e explicou que ese é o motivo polo que é “incapaz de dicir a débeda sanitaria a 31 de decembro. Pachi Vázquez viu hoxe a Feijóo “irritado” mentres entre o empresariado “é un clamor” que a Xunta “prioriza o control do déficit sobre a realidade” do pago das facturas.

Menos vanidade e máis acordos

O líder dos socialistas galegos recomendou a Feijóo que “por Galicia, teña menos vanidade e busque mais acordos cos partidos que queren axudar a sacar adiante este país, evitando as mentiras e as trampas e dicindo a verdade”. Propuxo de novo un “gran acordo polo emprego, o crecemento económico e a blindaxe dos servizos públicos”, pero advertiu que “cando queira seguir tapando non conte con nós”.

Esixiulle que “deixe de manipular os datos do paro, das listas de espera e do déficit” porque, engadiu, “mentres vai de vitoria en vitoria o país sufre a gran derrota do paro” e sinalou que “vostede non é o presidente do déficit, é o presidente do paro”.

Pachi Vázquez chamou a Feijóo a asinar un acordo para impulsar o tecido produtivo de Galicia e a creación de emprego entre os mozos e mozas mentres blindan a sanidade e a educación para “impedir que 730.000 pensionistas galegos teñan que pagar polos seus medicamentos a partir do mes que vén, e impedir que os mozos e mozas queden sen formarse na Universidade porque non teñan recursos”.

Mellor exemplo

O secretario xeral do PSdeG-PSOE sinalou que logo de 3 anos “recortando dereitos” e “poñéndose de exemplo” en toda España resultou ser “o mellor exemplo de que cos recortes só se producen recesión, desemprego e pobreza”. Explicou así que a conclusión de tres anos de axustes con Feijóo é que “as persoas viven cada ano moito peor”, ao ter provocado “mais paro, mais recesión e mais pobreza”.

Explicou que, mentres Feijóo “recorre España presumindo de déficit e de xestión” a realidade é que o paro medrou neste período moito mais en Galicia que no resto de España cunha previsión de superar os 300.000 desempregados a finais de ano, mentres a economía decrece mais que no conxunto do Estado, e hai 600.000 persoas no limiar da pobreza e 89.000 fogares con tódolos seus membros en paro.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar