Pachi Vázquez acusa a Feijóo de "traizoar a Galicia" ao defender ao PP na Conferencia de Presidentes

Pachi Vázquez acusa a Feijóo de "traizoar a Galicia" ao defender ao PP na Conferencia de Presidentes

Pachi Vázquez acusa a Feijóo de "traizoar a Galicia" ao defender ao PP na Conferencia de Presidentes

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, comprometeuse a apoiar aos emprendedores para construír “unha Galicia distinta e competitiva” fronte a un presidente da Xunta “que hoxe está na Conferencia de Presidentes enganando e traizoando a este país”. Así o dixo nun acto con emprendedores en As Pontes, no que estivo acompañado do alcalde da localidade, Valentín González Formoso.

Pachi Vázquez criticou o apoio do presidente da Xunta “a uns orzamentos que nos anuncian recortes de pensións, alargamento do período de cotizacións e unha política que renega da creación de emprego”.

Por elo, reclamoulle a Feijóo “que defenda a Galicia, a pensionistas, parados, e emprendedores e non vaia de defensor do PP e de Rajoy”. “Cando Rajoy ven a Galicia Feijóo escóndese, pero cando vai a Madrid abrázase a el e convértese no escudeiro do presidente de España que castiga a Galicia”, afirmou.

O líder dos socialistas galegos dixo que “o dia 21, cando decidamos quen goberna este país, cada apoio que se de a Feijóo e Rajoy é un apoio contra as pensións, sanidade e educación dos galegos e cada apoio ao partido socialista e un apoio para o futuro, o crecemento e o emprendemento”.

Como exemplo puxo a iniciativa industrial de As Pontes que é, dixo, “como se escribe o futuro de Galicia: sendo valentes, traballando, e pensando nese pais”. Engadiu que “outra Galicia é posible cando traballamos xuntos e non lle temos medo ao futuro, e non como Feijóo, que hoxe vai en nome dos galegos a apoiar ao PP e traizoar a ese país”.

O responsable socialista propuxo a creación do Instituto de Crédito e Finanzas que substitúa a un Igape que “de pouco vale cando financia un crédito que nunca chega e un goberno galego que financia parte do crédito cando as empresas non o reciben”. Propuxo así “mecanismos para definir proxectos economicamente rendibles e socialmente necesarios” coa consideración de “iniciativa local de emprego”.

Pachi Vázquez lembrou que Feijóo e Rajoy “teñen recortado substancialmente os fondos destinados ao emprendemento”, cunha rebaixa dun 58 por cento nos fondos dende 2009. Dixo que, polo contrario, os socialistas galegos “consideramos necesario apoiar a economía social como forma de xerar desenvolvementos sostibles en novos enclaves sociais”.

O candidato socialista comprometeuse a garantir “cando menos durante o primeiro ano” o importe do 85 por cento da cotización ás persoas desempregadas que se estableza como autónomos non dependentes “sempre que carezan de posibilidades de capitalizar unha prestación”.

Tamén comprometeuse a garantir o 85 por cento do aporte que deban facer os parados que se incorporen a unha cooperativa ou sociedade laboral xa en marcha “sempre que carezan de posibilidades de capitalizar unha prestación ou a diferenza entre a súa capitalización e o 85 por cento do aporte”.

Lei de Emprendemento

Pachi Vázquez comprometeuse hoxe a desenvolver a Lei de Emprendemento e Traballo Autónomo e apuntou que “para consolidar a nosa liña de acción resulta imprescindible a posta en funcionamento dos órganos de representación deste colectivo”. O obxectivo é “consolidar a súa interlocución coa administración autonómica e participar na construción do modelo socioeconómico”.

O líder dos socialistas galegos reivindicou ademais o desenvolvemento do Estatuto do Traballo Autónomo, que foi aprobado polo goberno de Zapatero, e reivindicou ademais “a posta en marcha de políticas que fomenten o emprego deste xeito de facer empresa”.

Pachi Vázquez celebrou este encontro con emprendedores logo de visitar aos militantes de As Pontes acompañado polo alcalde da localidade, o socialista Valentín González Formoso, e de visitar a praia de As Pontes.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar