Pachi Vázquez acusa a Feijóo de ser o "paxe" que vai "achandando o camiño a Rajoy para maltratar a Galicia"

Pachi Vázquez acusa a Feijóo de ser o "paxe" que vai "achandando o camiño a Rajoy para maltratar a Galicia"

Pachi Vázquez acusa a Feijóo de ser o "paxe" que vai "achandando o camiño a Rajoy para maltratar a Galicia"

Nunha entrevista a en RNE, o secretario xeral do PSdeG denunciou que "Feijóo, que antes se poñía todo enervado pegando na mesa para reclamalo a Madrid, agora xa está a ser o que vai por diante de Rajoy dicindo que isto do AVE nin en 2018. Non se podía perder nin un só día, e o primeiro que fan antes de entrar no Goberno é paralizar as licitacións". A este respecto, criticou que a súa actitude é de "alta traizón" a Galicia, ao advertir que a decisión do PP ao respecto das adxudicacións supón "unha coitelada a Galicia" e o referente á devolución da débeda "anticipa o camiño do que vai facer".

Ademais, criticou a "covardía" e "traizón" que supón o proxecto do Goberno galego de construír unha incineradra no concello do Irixo, na comarca do Carballiño, que se ofrece a xeito de "caramelo", ao prometer a creación de 200 empregos. "En Galicia hai residuos, e hai que tratalos, pero o gran erro é construír unha incineradora que é nociva para a saúde e o medio ambiente".

"Van crear 200 postos pero van destruír 2.000 na bisbarra de O Carballiño", dixo, xa que a incineradora pon en perigo todo o que nesta zona "atrae xente". A maiores, xógase coa saúde da xente".

Entrevista a Pachi Vázquez en RNE

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar