Pachi Vázquez acusa a Feijóo de "rirse" da Lei co decreto do Plurilingüismo e eliminando o comedor aos rapaces do rural

Pachi Vázquez acusa a Feijóo de "rirse" da Lei co decreto do Plurilingüismo e eliminando o comedor aos rapaces do rural

Pachi Vázquez acusa a Feijóo de "rirse" da Lei co decreto do Plurilingüismo e eliminando o comedor aos rapaces do rural

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, acusou hoxe a Feijóo de “rirse das sentenzas xudiciais” e das leis. O líder socialista presidiu a xuntanza sectorial de Educación do PSdeG de Ourense na que acusou ao presidente da Xunta de incumprir a Lei co Decreto do plurilingüismo e suprimindo o comedor gratuíto aos rapaces do rural en contra da LOE.

 

O responsable socialista dixo hoxe que o requirimento do TSXG para que a Xunta cumpra coa sentenza que declarou ilegal o decreto do plurilingüismo “pon en evidencia as mentiras do goberno galego”. Advertiu que o que o goberno galego define como comezo de curso “normal” en realidade “é absolutamente anormal” e busca impoñer “dúas educacións: a dos que teñen recursos e a dos que non”.

 

Pachi Vázquez presidiu hoxe unha xuntanza que da comezo á “loita democrática” contra o decreto dos comedores e a favor dunha educación pública en igualdade de condicións.

 

Advertiu que a Xunta de Feijóo quere “volver ao modelo educativo de fai mais de 60 anos”, tal e como demostrou “primeiro sacando os libros de texto gratuítos, despois reducindo drasticamente as bolsas de estudos, agora os comedores escolares, e logo farán pagar polo transporte escolar”.

 

Dixo que a xuntanza de hoxe ten como obxectivo de acadar a máxima mobilización na provincia e en toda Galicia e “contestarlle política e socialmente aos recortes en educación cos que está a comezar o curso”.

 

Dentro desta campaña de loita democrática, explicou que os representantes municipais do PSdeG-PSOE impulsarán mocións a favor do ensino público en tódolos concellos de Galicia e comezarán unha recollida de sinaturas para que sexan os pais e nais afectados os que lle expliquen a Feijóo que o seu modelo é “absolutamente inxusto”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar