Pachi Vázquez acusa a Feijóo de converterse "no enterrador dos dereitos sociais de Galicia"

Pachi Vázquez acusa a Feijóo de converterse "no enterrador dos dereitos sociais de Galicia"

Pachi Vázquez acusa a Feijóo de converterse "no enterrador dos dereitos sociais de Galicia"

O secretario Xeral do PsdeG, Pachi Vázquez, expresou a súa confianza de que Pontevedra logrará o 22 de maio por primeira vez un alcalde socialista, “e menudo alcalde socialista”, ironizou ao referirse a Antón Louro. Así, advertiu aos “profetas do apocalipse social” –en alusión ao PP- “onde Feijóo se esta a converter no enterrador dos dereitos sociais de Galicia, en sanidade, educacion, dependencia” que “non van enganar aos veciños e veciñas de Pontevedra”.

Vázquez, quen participou en Pontevedra no mitin xunto a Antón Louro e o presidente do PSOE, Manuel Chaves, pediu ao candidato do PP, Telmo Martín, “que en lugar de facer o que se lle da tan ben á dereita que é enganar aos cidadáns, que lles explique por que destrozou unha das vilas máis fermosas de Pontevedra, que é Sanxenxo”.

“En Pontevedra non queremos o que pasou en Sanxenxo”, subliñou Vázquez, quen enviou un “recado” a “ese home que mide todo en metros cadrados edificables” –en alusión a Martín. “Que entenda o corazón dos homes e mulleres de Pontevedra, que a Peregrina non é edificable, que non pode vender o noso patrimonio natural nin artístico, que non queremos unha cidade para especular, senón unha cidade para vivir”.

“Telmo Martín mide todo en metros cúbicos de formigón e esta cidade temos que construíla entre todos”, apuntou.

Neste punto, reclamou a Telmo Martín “que explique as plusvalías que cobrou en Construcuatro, vendendo e especulando co diñeiro de todos”. “Á xente hai que contarlle a verdade. Non pode aspirar a ser alcalde cando foi culpable de especular con vivendas sociais con sobrecustos que aínda hoxe non explicou”.

Criticou que o PP “quere xogar a embarrar o campo e alterar as normas” porque “descubriron agora que por que non poden gobernar onde teñen a lista máis votada. Por algo moi sinxelo, porque hai unha Lei electoral que di como se debe gobernar”. Por elo, esixiu a Feijóo “que deixe de pedir que goberne a lista mais votada, e que respecte a lei, e que deixe de usar tránsfugas para comprar vontades”.

“Non vale falar de democracia e ir a Mos e comprar vontades e tumbar o goberno co diñeiro de Louzán para chegar ao goberno. Non vale ir de demócrata e cuello branco e ser o responsable do transfuguismo neste país”, denunciou.

Así, afirmou que “Feijóo se está a converter no enterrador dos dereitos sociais de Galicia, en sanidade, educación ou dependencia”. “Feijóo, Telmo Martín e Louzán presumen de políticas `centradas en ti´. Pois que se centren menos en nos, porque só o fan para destrozar os nosos dereitos sociais” ironizou.

Vázquez destacou que a Feijóo “non lle interesan os concellos e a política local, porque non sabe delo e porque a súa vaidade non llo permite”. Lembrou que “os socialistas levamos 30 anos conseguindo logros sociais dos que nos sentimos orgullosos, e a estes des-almados, que non teñen alma para vivir os problemas das persoas, non lles vamos permitir nin un paso atrás”.

“Feijoo anda preocupado, pois mándolle un recado, que non se preocupe que non vai gobernar en ningunha das grandes cidades”, proclamou.

Somos máisO candidato á alcaldía, Antón Louro, afirmou que “xuntos conseguiremos grandes éxitos, se nos deixamos a pel nesta campaña derrotaremos a Lores e a Telmo Martín xuntos”. “En Pontevedra somos mais os que cremos na liberdade e igualdade de oportunidades, temos por elo que ser mais o 22 de maio para gañar as eleccións”, apuntou.

Louro sinalou como un dos seus principais retos aprobar o PXOM de Pontevedra, sen esquencer as políticas sociais, o benestar, a igualdade de oportunidades. “Non podemos apoiar aos do canto peor, mellor; que é o que representa Telmo Martín. Non podemos apoiar aos marianos rajoys que din unha cousa e logo fan outra”, dixo. Engadiu que “Lores é o pasado, o mellor está por vir. E cando escoitamos a Telmo Martín, non escoitamos nada, porque non trae nada, senon que ven a buscar”.

O presidente do PSOE e ministro de Política Territorial, Manuel Chaves, arremeteu contra Feijóo por responsabilizar ao Goberno central de todos os problemas. “Un alcalde socialista nunca le dirá a un ciudadano que tiene un problema, vete a Santiago a que te lo arregle la Xunta, sino que tratará de resolverlo, tenga o no competencias”, apuntou.

Así mesmo, criticou que a Xunta discrimine aos concellos socialistas na distribución de fondos, e contrapuxo isto co reparto de fondos estatais realizado polo Goberno central, de xeito equitativo, en todos os concellos de Galicia. “Así es como hay que hacer las cosas”, sinalou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar