Pachi Vázquez: “A militancia socialista queda orfa dunha das personalidades máis salientables da longa historia dos socialismo e do galeguimo”

Pachi Vázquez: “A militancia socialista queda orfa dunha das personalidades máis salientables da longa historia dos socialismo e do galeguimo”

Pachi Vázquez: “A militancia socialista queda orfa dunha das personalidades máis salientables da longa historia dos socialismo e do galeguimo”

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE trasladou á familia o desexo de compartir do xeito máis sentido e próximo a dor pola perda de Ceferino Díaz

A Comisión Executiva do PSdeG-PSOE ven de manifestar, a través do seu Secretario Xeral, Pachi Vázquez, a fonda consternación e dor dos socialistas galegos ao coñecer o pasamento do seu compañeiro, Ceferino Díaz. “A militancia socialista queda orfa dunha das personalidades máis salientables da longa historia do socialismo e do galeguismo”, engadiu.

Vázquez trasladou á súa familia a solidariedade e o desexo de compartir do xeito máis sentido e próximo a dor pola perda de quen demostrou ser un exemplar referente no persoal e no político. “Poucos coma el souberon defender os nosos principios e valores democráticos, éticos, de xustiza e liberdade”.

“A súa contribución á democracia, ao Estado do Benestar e ao Autogoberno en Galicia figuran xa nos anais da nosa historia, sendo decisiva nos momentos máis difíciles, emprendendo unha loita que sería esencial para a Galicia e para o socialismo”, recordou o dirixente socialista. Salientou a importancia do papel xogado polo político e profesor na incorporación do pensamento e do sentimento galeguista e socialdemócrata á conformación do PSdeG-PSOE como partido e como alternativa á dereita en Galicia. Así como o histórico papel desenvolto tanto na elaboración como na reforma do Estatuto de Autonomía.

Para Pachi Vázquez o seu exemplo de entrega e amor pola vida, a súa capacidade de continuar empurrando polos seus compañeiros en momentos de debilidade ou desorientación fixeron de Ceferino Díaz un recurso imprescindible para o fortalecemento dos alicerces dos que rebrotar en circunstancias difíciles.

“Sen dúbida, Ceferino Díaz, ocupa dende hoxe un lugar prominente dentro do reducido elenco de persoeiros galegos, bos e xenerosos, que tanto fixeron por Galicia e aos que tanto lle debemos” engadiu o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE.

“Pero a súa vida, acurtada prematuramente, non foi en balde. Seguirá estando nos nosos corazóns para sempre. Descanse en paz este gran amigo, compañeiro e guía do socialismo e do galeguismo, a quen nunca esqueceremos” concluíu Vázquez.

32641281A

Artigos relacionados

1 Comentarios

  1. alfredo suarez canal
    Decembro 24, 2012 a 16:49

    Quería transmitirvos a todos vos e a súa familia o meu sentimento de fondo pesar polo pasamento de Ceferino Diaz.
    Unha aperta
    Alfredo Suarez Canal

Deixar a resposta

Pechar