Pachi Vázquez denuncia que a irresponsabilidade do Goberno galego levou á quebra do sistema da protección de lumes

Pachi Vázquez denuncia que a irresponsabilidade do Goberno galego levou á quebra do sistema da protección de lumes

Pachi Vázquez denuncia que a irresponsabilidade do Goberno galego levou á quebra do sistema da protección de lumes

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, denunciou que a irresponsabilidade e mala xestión do Goberno galego levou a unha “quebra no sistema de protección de lumes de Galicia” e anunciou que os socialistas galegos presentarán iniciativas en todos os concellos para abrir o debate e pedirán a comparecencia urxente do conselleiro para que explique este “fracaso” das políticas de loita contra o lume.

Así o afirmou nunha rolda de prensa tras a xuntanza da Comisión de Seguimento dos Lumes do PSdeG, na que ademais dos voceiros desta área tanto no partido como no grupo parlamentario, participaron tamén alcaldes e voceiros dos concellos afectados recentemente polos incendios forestais. Vázquez sinalou que os alcaldes constataron a situación de “soidade” na que se atopan os concellos e a “indefensión” dos galegos e galegas ante os lumes.

Este “alarde de irresponsabilidade do Goberno galego” levou a Vázquez a afirmar que hai “unha quebra no sistema de protección dos lumes” onde se constata que “por primeira vez na historia de Galicia, en moitos dos incendios que se produciron non chegou ninguén da Xunta, e tiveron que ser os propios veciños e veciñas, xunto aos medios dos concellos, os que apagaron o lume”.

“Estamos sos e vendidos ante os lumes”, sentenciou. “Non é un problema de austeridade, senón de mala xestión e incompetencia do Goberno galego”.

Acusou a Feijóo e ao conselleiro de Medio Rural de “desmantelar” o sistema de prevención de lumes e acabar coa presión social sobre os incendiarios. “Pasaron de ensinar fotos da NASA para amosar os lumes de Galicia a ocultar toda a información para enganar a este país dicindo que non hai lumes”.

Lembrou que Feijóo “pasou de afirmar, cando estaba na oposición, que non había pirómanos senón un goberno incompetente, a dicir agora que o problema é policial e dos incendiarios que non son detidos polas forzas de seguridade”.

“Xa está ben de eludir responsabilidades”, afirmou, porque o Goberno galego “é responsable dun fracaso”. Evidenciou que nesta primavera multiplicáronse por catro os lumes con respecto á pasada e que as previsións meteorolóxicas apuntan a que será un verán propicio para os incendios. “É normal que ante isto estea sen montar o operativo de incendios e que a Xunta non apareza, tendo que recorrer ás medidas excepcionais do Estado”, preguntouse.

“Este Goberno decidiu sacarse do medio. É unha decisión clara, estratéxica e concreta de desmontar o aparato de prevención do lumes e de non investir no rural” sentenciou, que obedece a “unha decisión ideolóxica do Goberno galego de dicir que o mundo rural é inviable e que pasa polo abandono de políticas de emprego, de prevención de lumes e de axuda ao rural”.

Así, criticou non só a redución de 28 millóns de euros en políticas de prevención de lumes, senón que a nova Lei de Montes contemple acurtar a distancia entre as masas forestais e os pobos e reduza os perímetros de protección, e sinalou que “iso é comprar todos os boletos para que en calquera momento haxa unha desgracia”, á vez que advertiu que “o PSdeG non vai ser cómplice deste abandono e falla de responsabilidade”.

Batería de iniciativas“Os socialistas galegos nos facemos solidarios cos cidadáns que viven nos núcleos rurais e que se senten indefensos”, proclamou Vázquez, polo que anunciou que presentarán iniciativas en todos os concellos de Galicia “para que no primeiro pleno que se celebre en cada concello se debata a mala xestión do Goberno galego ante os lumes e para pedir responsabilidades á Xunta”.

Así mesmo, avanzou que o PSdeG pedirá a comparecencia urxente do conselleiro de Medio Rural “para que dea conta do desaguisado que se está cometendo en Galicia, co paradoxo de que están activados os medios excepcionais do Estado e non os medios de prevención da Xunta”.

Tamén anunciou que os socialistas galegos están dispostos a presentar denuncias ante a Delegación e as subdelegacións do Goberno, polo desmantelamento das políticas de prevención de incendios “onde non só están sen asinar os convenios de limpeza de perímetros cos concellos, senón que non se dota aos concellos de material e hai un abandono por parte dalgunhas institucións provinciais no que respecta á limpeza viaria, que provoca moitos dos lumes”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar