Pachi Vázquez: "A gran manifestación de Galicia ten que ser este domingo nas urnas"

Pachi Vázquez: "A gran manifestación de Galicia ten que ser este domingo nas urnas"

Pachi Vázquez: "A gran manifestación de Galicia ten que ser este domingo nas urnas"

O candidato á Xunta do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, dixo esta tarde en Vilagarcía que “a gran manifestación en Galicia debe ser este domingo nas urnas”. Así o dixo nunha intervención xunto coa vicesecretaria xeral do PSOE, Elena Valenciano, na que solicitou o apoio dos votantes para “formar un goberno que xestione a crise dende a esquerda” e “facer da educación o piar do crecemento”.

Pachi Vázquez aludiu ás protestas contra a sanidade, a educación e a situación económica, para chamar a “converter a indignación e a resignación en votos” para cambiar o goberno. Dixo neste sentido que as eleccións do próximo domingo serán “un referéndum de Rajoy e Feijóo para avaliar os seus recortes” en sanidade e educación.

Pediu o voto para un goberno socialista que aposte polo sistema produtivo, polos emprendedores, polo comercio e os autónomos” facendo ademais “da educación o piar do crecemento” e da sanidade “o eixo da política de benestar para tódolos cidadáns sen exclusión algunha e sen copago”. Anunciou que as consellerías “centraranse en aforrar mais en gastos innecesarios para incentivar a creación de emprego”.

Dixo que “mentres a inmensa maioría das familias non da chegado a fin de mes e se empobrecen cada día mais, os grandes capitais seguen medrando sen que a crise lles afecte o mais mínimo”. Lamentou que durante o goberno de Feijóo “vimos con resignación cómo cada día abandonan Galicia 70 mozos e mozas menores de 30 anos” e “asistimos ao desmantelamento da sanidade e a educación públicas”.

O socialista prometeu traballar para “saír pola esquerda da crise”, e referiuse especialmente a “eses 50.000 rapaces que temos na casa sen traballar”, aos que se comprometeu a axudar con 25.000 bolsas contrato. Vázquez fixo ademais unha mención especial a Alcoa e deu un aviso aos traballadores que acudiron ao acto: “A dereita engana, e só estará todo arranxado cando se publique no BOE”, afirmou.

Cheque en branco

Sinalou que “Rajoy vén pedir un cheque en branco a Galicia a través de Feijóo, pero este domingo pola noite vai haber unha alegría, unha sorpresa moi agradable”, vaticinou Vázquez. “Cómo van gañar por maioría absoluta?”, preguntou tras referirse ás 43.000 familias afectadas polas preferentes, os 140.000 funcionarios, 730.000 pensionistas que pagan o copago e miles de pais e nais que saíron á rúa polos recortes en educación.

Sinalou que “no PP din que xa non hai que ir votar, cren que todos estes van votar o PP?”, asegurou, antes de advertir que “a semana que vén van rescatar o país, e despois dirán “eu non quería”.

A tarde comezou cun mitin en Viveiro –Lugo-, acompañado polo presidente de Asturias, Javier Fernández, a quen definiu como un home normal, “un presidente que está na rúa e fala coa xente”, ao contrario que Feijóo. “Ao noso gústanlle os platós e coller avións, se pode ser de millonarios, e está sempre no lado oposto a onde hai un problema, el nunca ten culpa de nada”, ironizou.

Elena Valenciano

Pachi Vázquez interveu en Vilagarcía mitin xunto coa Vicesecretaria Xeral do PSOE, Elena Valenciano, quen denunciou hoxe en Vilagarcía de Arousa a intención da dereita de arrasar coa educación e sanidade pública para substituíla por unha educación e sanidade exclusiva só para os cidadáns de primeira.

Fixo un chamamento aos cidadáns que acudirán ás urnas o próximo domingo a rexeitar a proposta da dereita, que é a mesma en Galicia, en Madrid ou en Berlín. "Se conseguimos frealos, Rajoy terase que pensar dúas veces o que está a facer, non podemos darlle un cheque en branco para que siga aplicando a desigualdade".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar