Pachi Vázquez a Feijóo: "A historia falará da súa lexislatura como a do paro, e de vostede como o presidente do paro"

Pachi Vázquez a Feijóo: "A historia falará da súa lexislatura como a do paro, e de vostede como o presidente do paro"

Pachi Vázquez a Feijóo: "A historia falará da súa lexislatura como a do paro, e de vostede como o presidente do paro"

O presidente do Grupo Socialista, Pachi Vázquez, advertiu a Feijóo que “a historia falará da súa lexislatura como a do paro e de vostede como o presidente do paro”. Así o dixo na sesión de control ao presidente na que propuxo un investimento de 150 millóns de euros para xerar 25.000 contratos a mozos e mozas de Galicia.

O líder dos socialistas galegos reclamoulle ao presidente da Xunta que “cambie a política fatalista da resignación pola da reactivación económica”, para o que lle propuxo unha “proposta sólida” para xerar 25.000 novos contratos a mozos e mozas. O líder socialista reclamou un investimento de 150 millóns de euros para “xear emprego e xerar compatibilidade con outros xacementos laborais”.

Pachi Vázquez acusou a Feijóo de “vir a falar de paro mentres eu veño a falar de emprego” e acusouno de “insistir na súa política de resignación logo de 3 anos gobernando”. Esixiulle que “pare de escapar dos problemas e comprométase” porque, engadiu, o presidente da Xunta é “responsable” do desemprego de Galicia e “non pode botar balóns fora”.

Por este motivo, reclamoulle que acade fondos para o impulso da economía e do emprego a través da suba dos tramos autonómicos do IRPF ás rendas mais altas. Chamouno a ser “valente” e implantar un imposto á banca que pode xerar 60 millóns de euros garantindo que non repercutan nos depositarios, tal e como fixeron Andalucía ou Extremadura, e “pérdalle o medo a Botín, que prevé dobrar as ganancias o ano que vén.

Lembrou que a Xunta pode recadar máis fondos tamén incrementando os impostos ás empresas contaminantes ou gravando ás grandes áreas comerciais para reinvestir en creación de emprego nas pequenas empresas. Lamentou que Feijóo demostre que “optou pola política da resignación, do fatalismo e de facer as contas para contentar a non sei quén”.

Pachi Vázquez sinaloulle a Feijóo que “o seu compromiso non é co Banco de España, é coas galegas e galegos que necesitan un presidente” que “tome unha decisión política, reactive a economía, xere emprego e faga un país que quere saír adiante”. Puntualizou que “si non o quere facer, como estamos vendo, deixe paso que hai moita xente que si que quere facelo”.

Despistado
O líder socialista reprochoulle a Feijóo que se demostre “mais despistado do que eu pensaba” logo de que a única proposta en tres anos de goberno fora investir 30 millóns de euros para xerar 44.000 empregos. Reclamoulle que “deixe de enganar á xente” pretendendo “arranxar o paro” cunha proposta que tan só prevé un investimento de “680 euros ao ano e 50 ao mes por traballador”.

Advertiu que a realidade é que coas previsións de Rajoy “en 2012 se van xerar 60.000 novos parados en Galicia”, xa que “non fixeron unha reforma laboral, fixeron unha máquina de destruír emprego e dereitos sociais”. O responsable socialista apuntou que mes e medio despois de aprobar a reforma, xa se acolleron 29 empresas e se viron afectados 2.169 traballadores e traballadoras.

Pachi Vázquez lembrou ademais que no mes de xaneiro duplicáronse en Galicia o número de EREs do mesmo mes do ano pasado, con 104 fronte aos 45 rexistrados en 2011, e que mentres o presidente da Xunta anuncia en entrevistas a medios de comunicación que “non se creará emprego en 2012” a realidade é que o desemprego dispararase en Galicia.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar