Pachi Vázquez: "A derrota de ETA representa a vitoria da democracia e a unidade, do Estado de Dereito"

Pachi Vázquez: "A derrota de ETA representa a vitoria da democracia e a unidade, do Estado de Dereito"

Pachi Vázquez: "A derrota de ETA representa a vitoria da democracia e a unidade, do Estado de Dereito"

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, valorou hoxe o anuncio do cese de actividade armada por parte de ETA afirmando que “estamos a vivir un momento histórico tras demasiados anos de sufrimento e dor”.

“Hoxe é o día da derrota de ETA, pero sobre todo é o día  da gran vitoria de todos e todas fronte ao terror”, sinalou o líder dos socialistas galegos.

Salientou ademais que este día representa “a vitoria da democracia e a unidade, do Estado do Dereito”. O líder dos socialistas galegos quixo tamén lembrar “a todos os que loitaron, entregando moitas veces a súa vida, contra o terrorismo”, pero sobre todo quixo “non esquecerse de ningunha das vítimas do terrorismo, ás que temos que ter presentes hoxe e sempre”.

“ETA acaba de ser derrotada polo traballo continuado de tódolos gobernos democráticos, de tódolos presidentes e de tódolos ministros de Interior”, afondou Vázquez, quen fixo unha especial mención ao actual.

“Afortunadamente para todos, tanto traballo deu hoxe os esperados froitos”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar