Pachi Vázquez : “a cada engano de Feijoo vou presentar unha proposta para crear emprego neste pais”

Pachi Vázquez : “a cada engano de Feijoo vou presentar unha proposta para crear emprego neste pais”

Pachi Vázquez : “a cada engano de Feijoo vou presentar unha proposta para crear emprego neste pais”

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, dixo que non vai falar mais dos enganos de Feijoo no que queda de campaña “porque a cada engano de Feijoo vou presentar unha proposta para crear emprego neste pais”. E advertiu “é unha unha mensaxe de esperanza, pero non de ilusionista”. E insistiu “eu quero ver unha Galicia que levante a cabeza, e vamos a saír deste lío apostando polos dereitos sociais e polo crecemento produtivo. Axudádeme a facer esta Galicia”, demandou.

Dixo tamén “si todos os que queremos nos movemos non vamos a perder, van a perder eles por goleada”, e asegurou que os votos do PP “xa están todos na urna, porque a dereita alimenta isto”. Vázquez afirma que o PP “fai unha campaña para desmobilizar, pero eu fago unha campaña para mobilizar este pais”.

O líder socialista interveu nun acto en Pontevedra, xunto co presidente de la Junta de Andalucía e presidente do PSOE, José Antonio Griñán, e cos candidatos socialistas por Pontevedra, Xosé Manuel Civeira Moure e Patricia Vilán.

O candidato socialista lembrou o seu compromiso de 25.000 bolsas contrato de 500 euros para introducir a outros tantos mozos e moza en empresas dos sectores estratéxicos e da economía produtiva. Suporá un investimento de 39 millóns de euros dun orzamento da Xunta que ascende a 9.000 millóns de euros.

O líder socialista tamén aludiu as enquisas. Lembrou que o PP en Galicia goberna por 1 deputado “e as enquisas din que o 40% dos galegos aínda non decidiron a quen van votar. Raro”. Vázquez asegurou que as “enquisas din que 250.000 galegos e galegas que votaron ao PP, nas pasadas eleccións, aínda non saben a quen van votar”. E insistiu “ as enquisas de verdade, os datos que non hai que meterlle cociña din que o 49% dos galegos e das galegas queren un cambio de goberno en Galicia o día 21 de outubro. Eso non hai que cociñalo”, espetou.

Acusou a Rajoy e Feijóo de “levarnos camiño de Grecia e Portugal”, que “xa tiveron un rescate e están peor que nunca”. Advertiu que o PP “quere un país sen dereitos onde non quede nada” polo que puntualizou que “isto vai do modelo de vida que queremos”, e dixo que “ou nos plantamos e dicimos que país queremos ou non vale chorar despois”.

Anunciou un novo imposto á banca –como en Andalucía, Estremadura e Canarias- e ás grandes fortunas de mais de 120.000 euros de renda para retirarlle o copago aos pensionistas. Sinalou que mentres o PP “castiga a quen menos ten” a proposta socialista é retirarlle o concerto aos colexios que segregan por sexos para restablecer os libros de texto gratuítos e rebaixar o transporte e os comedores escolares.

Pachi Vázquez dixo que “nin en sanidade, nin educación nin un centímetro atrás”. Propuxo ademais que nos primeiros 100 días de goberno “blindaxe de sanidade e da educación”. E denunciou que Feijoo “endebedouse máis en 3 anos e medio que nos outros 32 anos de autonomía”. E asegurou que Feijoo “non ten o mellor déficit de España, porque enganan”. Advirte que Feijoo nas contas de 2012 “sacou mais de 400 millóns de euros e camuflounos para fora”, segundo confirma o Consello de Contas e o Conselleiro de Economía do PP, Jose Antonio Orza. E preguntoulle “minte Orza ou minte vostede?”. “Sabe que enganou a este pais, e deixou a Galicia con moito déficit”, resumiu.

O líder dos socialistas galegos criticou a suposta austeridade de Feijóo e Rajoy porque, dixo, “cando a un lle sacan o que lle sobra é austeridade, cando lle sacan o que lle falta é pobreza”. Lembrou así que na pasada lexislatura os galegos tiñan libros de texto e ambulancias gratuítas, mentres Feijóo impuxo o pago dos libros de texto, vai impoñer o pago de ambulancias e subiu o prezo do transporte escolar.

Dixo que a dereita esta “botando á muller do mundo laboral, esta colocando pouquiño a pouco colocando á muller onde lle gustou sempre, na casa, sen soldo e sen poder participar na vida laboral”.

Presentou o mitin Xosé Manuel Civeira, candidato numero 7 pola provincia, dixo que a provincia de Pontevedra “é un centro temático dos incumprimentos de Feijoo”. Pola súa banda Patricia Vilan, candidata numero 2, asegurou que o Goberno de Feijoo “é ó goberno das desigualdades, das privatizacións, da perda de dereitos e do empobrecemento”.

O Grove

Ó finalizar o acto, o candidato socialista á Presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, achegouse a O Grove, que hoxe celebra a Festa do Marisco, onde mantivo un encontro con militantes

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar