Pablo García recrimina a Quintana o conformismo da Xunta respecto da PAC e que se perda a ocasión histórica de cambiar os criterios que discriminan a Galicia

Pablo García recrimina a Quintana o conformismo da Xunta respecto da PAC e que se perda a ocasión histórica de cambiar os criterios que discriminan a Galicia

Pablo García recrimina a Quintana o conformismo da Xunta respecto da PAC e que se perda a ocasión histórica de cambiar os criterios que discriminan a Galicia

Repróchanlle á conselleira que rexeitara o apoio parlamentario co que acudiron outras comunidades con peso agrario e que saíron máis beneficiadas

Os socialistas volverán propoñer este acordo a través dunha moción nos concellos agrarios

Pablo GarcíOs socialistas levarán unha moción a todos os concellos agrogandeiros de Galicia na procura dun acordo común para a defensa de Galicia na negociación dos fondos procedentes da PAC, como o ofrecido á conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, e que foi rexeitado polos Goberno galego e o PP.

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, censurou a postura triunfalista da titular de Medio Rural respecto aos logros acadados por Galicia na Sectorial de onte, que comezou o debate sobre os criterios de reparto da PAC. “A cousa non podía saír ben para Galicia porque íamos sen unha posición clara”. Recriminou á conselleira ter rexeitado o acordo parlamentario proposto polos socialistas e que “era calcado do aprobado polos deputados populares no Parlamento asturiano”. Reprochou a Quintana que precisamente Asturias, como outras comunidades que acudiron co respaldo parlamentario saíron mellor paradas do encontro de onte.

“A única comunidade con peso agrario sen acordo parlamentario foi Galicia”, dixo García, que criticou que a conselleira acudise simplemente coa intención de non perder, axudando a “consolidar durante sete anos máis a discriminación que existe entre as subvencións pola PAC e a produción no noso país”.

Para Pablo García estase a perder a primeira ocasión en que o Estado e as comunidades podían cambiar o modelo de reparto. Unha ocasión histórica na que se poderían variar algunhas premisas que prexudican a Galicia. “O precepto de que non pode haber transvasamento entre territorios non é divino”, apunta o voceiro socialista, que afirma que se trata dunha “decisión política que beneficia a Cañete, porque beneficia a súa labor” de reparto, pero que a titular de Medio Rural non pode apoiar, como fixo, “porque prexudica a Galicia, que ten un déficit grande de percepción de fondos”.

Acusa a Cañete e a Quintana de perder a oportunidade de “facer política e de promoción do emprego agrario”, pero polos resultados da sectorial de onte Cañete renuncia a esa posibilidade co “aplauso fervoroso da conselleira de Galicia, algo dramático”.

Recorda o portavoz de Agricultura socialista que esta subvención “non é un plus, como parece cando se refire a elas a conselleira, son vitais para que os gandeiros e agricultores poidan seguir competindo”. Explicou que “se un gandeiro francés cobra tres céntimos máis por litro e un galego un céntimo, polo leite que colocan no mesmo supermercado, non están a competir en igualdade de condicións”.

Os socialistas levarán a moción a todos os concellos porque a negociación “non quedou pechada na xuntanza de onte”, apuntou García. Por moito que insista Rosa Quintana, do acordo colgado na web do ministerio ao que dixo a Xunta “hai un abismo”. “Isto non está pechado aínda”, advirte García, que non se explica como en Galicia xa o temos claro, 160 millóns de euros”, segundo dixo a conselleira. Unha cantidade que de todos xeitos perderíamos, xa que o anterior acordo era de 175 millóns.

O único que se acordaron foron “certos avances que defraudan” aos gandeiros. Puxo de exemplo o deputado do PSdeG os requisitos para ser considerado agricultor activo, no que o 20% de recursos agrarios vinculados á venta de produción queda moi lonxe do 25% dos ingresos totais que reclama a moción socialista. Ou a produtividade, vinculación de produción a territorio, que queda nunha mera maquillaxe “para logras uns titulares de prensa da sectorial”, opinou García.

Respecto das axudas correspondentes ao 2º piar, as de desenvolvemento rural, 127 Millóns anuais, “é certo que non se perden fondos”, di Pablo García, pero “postos a sacar peito entendo máis que o faga Asturias, que, co acordo plenario e do sector, obtivo 20 millóns máis do que tiña”, afirmou.

Recela tamén o socialista de que estes millóns se concreten en investimentos, xa que Galicia é das comunidades no punto de mira da UE por non esgotar os fondos, e “ no vindeiro período a Xunta terá que aumentar a súa achega, ao anunciar Cañete que o Estado só achegaría o 30%”, en lugar do 50% comprometido ata agora.

Para os socialistas a PAC seguirá sendo “o noso cabalo de batalla”, porque esta negociación non está pechada “como nos queren vender” e incluso en aspectos como os sectores acoplados, por exemplo os relativos ao sector lácteo, se revisarán en 2016. “Isto no fixo nada máis que empezar”, afirmou.

De aí a oportunidade de levar a moción socialista aos plenos municipais, e conseguir o consenso das forzas políticas e do sector con que contan outras comunidades con peso agrogandeiro e que no Parlamento negou o PPdeG.

García tamén anunciou que o Grupo Socialista pedirá a comparecencia urxente da Conselleira de Medio Rural e do Mar para que explique en que se traducen os acordos acadados na Sectorial de onte.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar