Pablo García reclamou en Forcarei “unha comarca forte e vertebrada onde a xente poida vivir e traballar”

Pablo García reclamou en Forcarei “unha comarca forte e vertebrada onde a xente poida vivir e traballar”

Pablo García reclamou en Forcarei “unha comarca forte e vertebrada onde a xente poida vivir e traballar”

O Secretario de Organización do PSdeG-PSOE, Pablo García, reclamou durante un mitin en Forcarei, unha comarca “forte e vertebrada” e lamentou que Feijóo “non fixese nada en catro anos por potenciar a Terra de Montes”.

Pablo García estivo acompañado da Secretaria de Medio Rural da Executiva Nacional Galega e portavoz municipal, Ana Doval e do candidato número 7 pola provincia, José Manuel Civeira. Os socialistas celebraron o seu mitin central en Forcarei baixo a consigna da mobilización, en pleno ecuador da campaña electoral.

O Secretario de Organización reclamou unha “comarca forte e vertebrada onde a xente poida vivir e traballar en Forcarei e onde se poidan aproveitar sinerxias coas cabeceiras comarcais de Lalín e A Estrada”. García lamentou que Feijóo “non fixese nada” en catro anos, “salvo darlle alas a Belén Cachafeiro para facer unha humanización moi cuestionada e que pouco axuda ao comercio local”.

O candidato socialista do Deza apostou por un goberno socialista presidido por Pachi Vázquez, "un home coma nós que coñece os problemas reais e que fala dos problemas reais fronte a outro home, Feijoo, que vive na estratosfera e carga a crise nas costas dos que menos teñen".

García apelou a que os veciños e veciñas “non pensen en esquerdas ou dereitas, en PP ou en PSdeG-PSOE senón que pensen que o futuro pasa por seguir con Feijóo e Rajoy ou querer cambiar as cousas”. Por iso apostou por “confiar na portavoz municipal, por confiar nos socialistas que os apoiaron no 2008 fronte ao catastrazo municipal e por darlle unha oportunidade o vindeiro 21 de outubro para buscar unha saída xusta e solidaria a crise, na que ninguén quede tirado no camiño”.

Ana Doval

Pola súa parte, a portavoz municipal instou aos asistentes a converter “a indignación e a resignación que producen os drásticos recortes dos gobernos de Feijóo e Rajoy en votos o 21 de outubro”. Doval apelou á “importancia de participar” o 21 de outubro e “non quedar na casa”, despois de recordar que hoxe en Forcarei “os veciños son máis pobres e máis desiguais logo de ver como maiores e parados están a soportar o prezo da crise”.

A líder local preguntouse ademais “qué foi dos 500 empregos que prometeu o PP no sector eólico na zona e que foi da chegada da autovía a Terra de Montes”. Ademais, aventurou que “seguro que haberá desfile de cargos do PP pola zona prometendo o mesmo que fai catro anos”.

Por último, o candidato número 7 pola provincia, José Manuel Civeira, “instou a cambiar o goberno para cambiar Galicia e a cambiar o sufrimento polo crecemento”.

32641281A

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar