Pablo García pregunta no Senado polo incumprimento do Pacto do Obradoiro

Pablo García pregunta no Senado polo incumprimento do Pacto do Obradoiro

Pablo García pregunta no Senado polo incumprimento do Pacto do Obradoiro

O senador socialista Pablo García preguntará ao Goberno, na sesión de control que terá lugar o próximo martes no Senado, polo incumprimento dos prazos asinados no Pacto do Obradoiro. García amosou a súa preocupación polo retraso da chegada do AVE a Galicia, fixada orixinalmente en 2015, e preguntará ao Goberno si subscribe o Pacto do Obradoiro e os prazos asinados na pasada lexislatura.

Pablo García reclama un compromiso expreso do actual Executivo cos prazos para a chegada do AVE a Galicia tal e como foi asinado en xullo de 2009 entre o anterior ministro de Fomento, José Blanco, e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

Lembrou que no mes de decembro de 2010 Blanco e Núñez Feijóo reuníronse en Madrid para impulsar o Pacto do Obradoiro, nun acordo dirixido a fixar os prazos da chegada do AVE a Galicia, así como os investimentos necesarios. Naquel acordo estableceuse que os trens de alta velocidade circularían polo interior de Galicia en 2011, como así foi, e que a conexión coa Meseta estaría lista en 2015.

O senador galego sinalou que a chegada do PP ao Goberno, marcada pola drástica política de recortes, ten mudado o futuro das infraestruturas galegas. Pablo García ten criticado, a finais do pasado mes de marzo, a drástica redución do orzamento do Ministerio de Fomento e puxo en dúbida que este axuste permita concluír as obras do AVE en prazo.

Sinalou así que “demostrouse que o AVE non é unha prioridade para o PP, e boa proba diso é o recorte de 240 millóns de euros en materia de infraestruturas” só nesta Comunidade Autónoma.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar