Pablo García: "O PSdeG empeza dende hoxe a traballar para recuperar os votos que perdemos"

Pablo García: "O PSdeG empeza dende hoxe a traballar para recuperar os votos que perdemos"

Pablo García: "O PSdeG empeza dende hoxe a traballar para recuperar os votos que perdemos"

O secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, adiantou que tras “unha derrota sen paliativos” nas eleccións xerais “os socialistas galegos comezamos dende hoxe mesmo a traballar para recuperar os votos que perdemos”.

Tras a xuntanza da Executiva do PSdeG para analizar o resultado electoral, na que “houbo un debate tranquilo, reflexivo, autocrítico e en positivo” recoñeceu que “o PSOE sufriu unha perda histórica e así o asumimos”. Uns resultados electorais que enmarcou “nun estado de ánimo xeral que tendía ao cambio e que nos prexudicou de forma extraordinaria”.

“Foi unha perda homoxénea e lineal en toda España, que afecta tanto a nivel estatal como aos municipios máis pequenos”, sinalou, a pesar do “gran traballo realizado polos nosos candidatos e candidatas e polas estruturas do partido nunha campaña difícil e intensa”.

Tras expresar a felicitación aos candidatos e candidatas electos nas catro provincias, explicou que “na Executiva ninguén fixo ostentosidade dos resultados obtidos, non estamos para iso. A caída é bastante similar dende Madrid a Vigo pasando por Cuspedriños”.

“Recibimos un voto de castigo considerable, pero os votos que perdemos non van parar ao PP, polo que o noso obxectivo é recuperar os votos que se dispersaron e que foron a parar a outras forzas minoritarias ou se quedaron na casa”, valorou.

Así, lembrou que mentres o PSOE perde 4 millóns de votos, o PP sobe 500.000; mentres que no caso de Galicia, a perda de votos socialistas cífrase en 300.000 e a subida do PP en 40.000.

Eleccións Autonómicas

No caso de Galicia, as eleccións autonómicas terán lugar nun prazo máis curto que noutras comunidades, polo que o secretario de Organización do PSdeG avogou por comezar xa a traballar para “recuperar posicións”. “Recuperar os votos é posible e non é irreversible”, afirmou.

“Temos campo de traballo e hai xente que nos votou no seu día, e que temos que conseguir que volva a facelo. Ai imos centrar os nosos esforzos”, dixo.

García tamén aludiu ao próximo Comité Federal do PSOE que se celebra este sábado, e no que avanzou que o PSdeG participará “activamente” e “con total lealdade” para abordar un debate “reflexivo para analizar con tranquilidade o que temos que facer para comezar con esta recuperación”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar