Pablo García lamenta que a ministra de fomento eluda comprometerse a cumplir o Pacto do Obradoiro

Pablo García lamenta que a ministra de fomento eluda comprometerse a cumplir o Pacto do Obradoiro

Pablo García lamenta que a ministra de fomento eluda comprometerse a cumplir o Pacto do Obradoiro

O senador critica a Núñez Feijóo que reclamase o cumprimento deste pacto durante a etapa do Goberno socialista e que agora, desde a chegada do PP ao poder, confórmese co adiamento das datas

O senador socialista pola Comunidade Autónoma de Galicia, Pablo García, lamentou esta tarde no Senado que a Ministra de Fomento, Ana Pastor, eluda comprometerse a cumprir o Pacto do Obradoiro, para a chegada da AVE a Galicia, e que fixaba a data do 2015.

García comezou a súa intervención lembrando as deficiencias históricas de Galicia co ferrocarril e subliñando a xestión, neste sentido, do Goberno socialista desde 2004 até 2011, etapa na que converteu a chegada da AVE a Galicia nunha das prioridades da súa política.

O parlamentario do PSOE tamén subliñou que desde a chegada de Alberto Núñez-Feijoo á Xunta xerouse un debate innecesario cos prazos, as firmas e os acordos que desemboco no Pacto do Obradoiro co Goberno central. “Un pacto, puntualizou, cuxo cumprimento foi reclamado de forma insistente polo propio Feijoo, que durante a campaña electoral uniuse a Mariano Rajoy para prometer a vixencia do mesmo”.

O senador galego concluíu afirmando que desde a chegada do PP á Moncloa, “asistimos atónitos a declaracións do propio Núñez Feijóo do tipo ‘onde dixo digo, digo Diego’ e empézanse a escoitar alusións ao pacto en tempo pasado, conformándose co adiamento sen data da chegada da AVE a Galicia”.

O senador lamentou, ademais, o cambio de actitude de Feijoo, que pasou da vehemencia na defensa do pacto do Obradoiro que el mesmo asinara co entón ministro de Fomento, José Blanco, á xustificación do incumprimento do mesmo por parte da actual ministra, a tamén galega Ana Pastor.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar