Pablo García: "Feijóo minte ata cando di que non minte"

Pablo García: "Feijóo minte ata cando di que non minte"

Pablo García: "Feijóo minte ata cando di que non minte"

O coordinador da campaña electoral do PSdeG-PSOE, Pablo García, dixo que Feijóo “minte ata cando di que non minte”. Así o dixo logo de que o presidente da Xunta confirmara esta fin de semana que coñecía da existencia das preferentes nas caixas galegas e non fixo nada, co que “enganou a milleiros de familias humildes que quedaron sen os aforros da súa vida”.

Logo da xuntanza do Comité Electoral do PSdeG-PSOE, García sinalou a Feijóo como “cómplice” da fraude das preferentes e “do sufrimento de milleiros de familias que perderon os seus aforros nesta fraude masiva”. Esixiulle “unha explicación inmediata” a Feijóo logo de ter evidenciado que “coñecía o que pasaba, pero nin fixo nin dixo nada”

Sinalou que o presidente da Xunta nunha mesma entrevista dicía que o seu principal activo era non ter mentido para acto seguido “daba a proba de que estivo mentindo e enganando” deliberadamente coa fraude das preferentes. Pablo García fixo alusión ás palabras de Feijóo nas que admitía saber que as caixas estaban “trufadas de preferentes”.

CRTVG

O responsable socialista denunciou hoxe o “comportamento partidista e sectario” da CRTVG, que esta fin de semana dedicoulle “cinco veces mais” tempo ao candidato do PP que ao candidato socialista nos seus informativos. Criticou a “utilización inexplicable dos medios públicos ao servizo do PP” por parte da dirección do ente.

Pablo García esixiu “unha rectificación inmediata” e reclamou “a partir de agora un comportamento baseado na profesionalidade e independencia dos medios públicos” galegos.

En resposta a preguntas dos xornalistas, o coordinador de campaña e secretario de Organización do PSdeG-PSOE confirmou que mañá terá lugar unha xuntanza de traballo para tratar os debates electorais, e asegurou que os socialistas “estamos a favor de celebralos canto antes sen prexuízos nin premisas previas”.

Tamén respondeu ás críticas do PP sobre un virtual desgoberno logo das eleccións autonómicas sinalando “seguramente se referirían a si teñen que pactar con Mario Conde”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar