Pablo García: “Feijóo debería facerse mirar os moitos problemas que ten o seu goberno coa xustiza”

Pablo García: “Feijóo debería facerse mirar os moitos problemas que ten o seu goberno coa xustiza”

Pablo García: “Feijóo debería facerse mirar os moitos problemas que ten o seu goberno coa xustiza”

O secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, recomendoulle hoxe a Feijóo que “lle dea unha volta e se faga mirar os moitos problemas que o seu goberno ten coa xustiza”. Respondeu así a unha pregunta dos xornalistas sobre a decisión do Tribunal Supremo de admitir a trámite o recurso interposto polo PSdeG contra o arquivo da querela presentada contra Agustín Hernández pola certificación en falso dunha obra a unha empresa na que el traballara previamente.

“Hernández ten que respectar os procedementos, tanto cando lle vai ben como cando lle vai mal”, dixo, á vez que engadiu que “é significativo que se admita o recurso”.

García sinalou que “Feijoo debería darlle unha volta a todo isto e debe facerse mirar os moitos problemas que o seu goberno ten coa xustiza”.

Lembrou así que Hernández “botou unha temporada que case vivía nos xulgados”, e que ademais o Goberno de Feijóo ten a seis altos cargos de Política Territorial e o Igape imputados na Operación Campeón, a dous de Presidencia e Traballo imputados por abuso de poder, e a unha directora de Emprego condenada por despido improcedente.

“A lista de imputados do Goberno de Feijóo é xa insoportablemente longa para un goberno de conviccións democráticas e con principios éticos”, afirmou, á vez que engadiu que “se Feijóo segue por este camiño, e como non empece a resolver os moitos problemas xudiciais do seu goberno, ao final os problemas vainos ter el”.

Rematou afirmando que a admisión a trámite do recurso por parte do TS é só un exemplo máis dos moitos casos xudiciais que Feijóo ten sobre a mesa.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar