Pablo García esíxelle á Xunta que mellore a posición de Galicia no reparto das axudas da PAC “para emendar o déficit histórico”

Pablo García esíxelle á Xunta que mellore a posición de Galicia no reparto das axudas da PAC “para emendar o déficit histórico”

Pablo García esíxelle á Xunta que mellore a posición de Galicia no reparto das axudas da PAC “para emendar o déficit histórico”

O portavoz de Agricultura denuncia o desleixo do goberno galego cando “estamos falando de números” para concretar a distribución das axudas

Agricultura.LeiraO portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, lamentou hoxe o desleixo da Xunta para acadar un mellor reparto das axudas da PAC “para emendar un déficit histórico” que se remonta a 1986. O responsable socialista presentou unha interpelación no Pleno do Parlamento diante da “deixazón de funcións” dos gobernos central e autonómico.

García advertiu que a reforma “non se adapta ás nosas producións” xa que está “pensada para a agricultura, non para a gandería, e moito menos para a gandería galega”. Dixo que “aínda temos oportunidades para mellorar” logo de que a UE deixara a distribución das axudas á discreción dos estados membros.

Criticou que o goberno galego pretenda “vender como un éxito” que se manteñan os 175 millóns de euros de axudas para Galicia, e demandou unha acción política específica do goberno galego para incrementar os fondos para Galicia.

Dixo que esta Comunidade Autónoma “xógase moito na aplicación do réxime de axudas” comunitarias, que anunciou como “unha oportunidade para poder corrixir os déficits históricos que vimos sufrindo e que sen dúbida debéramos plantexar e subsanar agora que está aberto o debate”.

Apuntou así á definición de agricultor activo, a limitación dos efectos de converxencia interna, o tratamento do greening, a limitación dos pagamentos, o tratamento de zonas desfavorecidas, os mecanismos de control da produción láctea ou o Réxime de Pago Básico como aspectos “fundamentais e determinantes para o futuro dos nosos agricultores e gandeiros”.

Puntualizou que estes aspectos “van condicionar o nivel de renda e sobre todo a competitividade das nosas explotacións nun marco europeo de feroz competencia sobre todo en sectores como o lácteo, tan determinante para Galicia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar