Pablo García esixe que a Xunta defenda as particularidades das explotacións galegas na aplicación da PAC no estado

Pablo García esixe que a Xunta defenda as particularidades das explotacións galegas na aplicación da PAC no estado

Pablo García esixe que a Xunta defenda as particularidades das explotacións galegas na aplicación da PAC no estado

O deputado socialista demanda un tratamento singularizado para a produción galega, que sempre sae prexudicada pola súa escasa base territorial e poucas hectáreas declaradas

vacasO portavoz de Medio Rural do Grupo Socialista, Pablo García, ven de presentar unha moción pola que se insta á Xunta a defender, no marco da negociación da aplicación da PAC 2014 - 2020 a nivel estatal, que se teñan en conta as especiais características das explotacións galegas, con un déficit histórico de percepción de axudas e con moi pouca base territorial e hectáreas declaradas.

O parlamentario socialista insiste en que a Xunta debe protexer ao sector gandeiro polas especiais características que teñen as explotacións galegas dentro do Estado, de moi escasa base territorial, e lograr que teñan un tratamento singularizado a través das axudas acopladas.

Defende García que se precise a definición de agricultor activo a efectos de condicionar os requisitos de acceso ás axudas, de xeito que se garantan a percepción das mesmas a ocupados realmente na actividade agraria. Cando menos que a percepción de ingresos de agricultura ou gandería represente o 25 % dos ingresos totais.

Os socialistas propoñen que se estableza un tope máximo na percepción das axudas da PAC por explotación, que ningunha explotación poida cobrar máis de 150.000 euros.

Reclaman que o pago por hectárea sexa proporcionalmente regresivo, de tal forma que perciban máis axuda as primeiras 24 hectáreas declaradas.

Reclaman tamén que se estableza un acoutamento na definición de hectárea admisible con algún criterio de corte produtivo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar