Pablo García esixe a Cañete solucións inmediatas ao sector lácteo ante a agonía das explotacións galegas

Pablo García esixe a Cañete solucións inmediatas ao sector lácteo ante a agonía das explotacións galegas

Pablo García esixe a Cañete solucións inmediatas ao sector lácteo ante a agonía das explotacións galegas

O senador socialista galego e secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, reclamou no Pleno do Senado ao Ministro Arias Cañete solucións inmediatas para os gandeiros galegos que, segundo sinalou, "padecen dende hai meses unha importante baixada de prezos fronte a unha suba desmesurada dos seus custos de produción".

Deste modo, García advertiu a Cañete que “se este mes os gandeiros galegos non dan cobrado máis polo litro de leite, miles de explotacións pecharán”. Neste sentido, o senador destacou cada vez que se pecha unha explotación ponse fin ao traballo de tres xeracións e será preciso o traballo doutras tres para que outra explotación volva a ser rendible.

Neste contexto, o senador galego criticou "que o ministro non se reuniu ata que lle interromperon o verán nin con representantes do sector lácteo, nin coa industria, a distribución e cos produtores nin con Feijoo, a pesar de que este proclamaba que se trata dun sector fundamental porque todas as vacas teñen nome de muller". "Pero Feijoo leva 3 anos e medio e non fixo nada e vostede leva oito meses tampouco sen facer nada" -espetoulle a Cañete.

Nesta liña, García reprochou ao ministro que "a pesar de que o Goberno tería podido poñer en marcha a figura de arbitraxe, nos enleou en meses de espera". Así mesmo, indicoulle que as organizacións de produtores están sen constituír. "A única organización constituída é galega" -afirmou.

"Ningún gandeiro galega espera xa nada de Feijoo despois de tres anos e medio”, engadiu o senador socialista. Por iso instou ao goberno a "que faga algo xa, deixe de disparar cara Bruxelas e non insista en anuncios de plans que non habilitan solucións xa".

"Ou este mes se arranxa o tema ou será que vostede e Feijoo seguen sen facer nada e preguntándose por que son as vacas e non os bois as que dan leite" -sostivo.

Pablo García lembrou que en Galicia se produce o 40% do leite de toda España, máis do 50% dos gandeiros e gandeiras son galegos e o sector lácteo en Galicia é fundamental en termos económicos e sociais.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar