Pablo García, elixido senador por designación autonómica

Pablo García, elixido senador por designación autonómica

Pablo García, elixido senador por designación autonómica

O secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, foi elixido senador por designación autonómica no Pleno do Parlamento de Galicia. García xa ocupou este cargo na anterior lexislatura, na que foi viceportavoz da Comisión de Defensa e vicepresidente da Comisión de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño.

CV DE PABLO GARCIA

Nado en Silleda en 1972.
É diplomado en Maxisterio e ten realizado cursos de psicopedagoxía.

Conta cunha ampla experiencia no mundo agrogandeiro, tanto na xestión explotacións agrícolas como no ámbito sindical, dado que durante seis anos foi secretario de Organización do Sindicato Unións Agrarias, no que milita dende fai máis de 15 anos.

No Congreso de Pontevedra de abril de 2009 foi elixido Secretario de Organización do PSdeG-PSOE. En setembro de 2009 foi nomeado senador por designación autonómica.

Nestes dous anos no Senado foi viceportavoz da Comisión de Defensa e vicepresidente da Comisión de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar