Pablo García cualifica a redución de deputados de “trilerismo de Feijóo para garantir unha nova maioría absoluta con menos votos”

Pablo García cualifica a redución de deputados de “trilerismo de Feijóo para garantir unha nova maioría absoluta con menos votos”

Pablo García cualifica a redución de deputados de “trilerismo de Feijóo para garantir unha nova maioría absoluta con menos votos”

Pablo García lembra a proposta socialista para reducir o custe do Parlamento “sen reducir democracia”

PabloO deputado socialista Pablo García dixo hoxe que a redución de deputados proposta polo PP en solitario é en realidade “trilerismo político de Feijóo para garantirse unha nova maioría absoluta con menos votos”. Sinalou que si ben o PP preside o goberno co voto de tan só o 24 por cento do censo, coa reforma de Feijóo podería ter maioría absoluta co apoio de só un de cada cinco galegos.

Desmentiu que o PP queira aforrar orzamentos xa que, lembrou, ten rexeitado a proposta socialista para reducir o custe do Parlamento mantendo o número de deputados. Puntualizou que "se Feijóo quere aforrar os socialistas xa fixemos propostas nese sentido, e estamos dispostos a falar; si o que quere e reducir democracia terá que facelo en solitario que é como acostuma a facer todo".

Dixo que “para nada resulta positivo reducir a democracia” de forma unilateral e en solitario, como quere facer o PP de Feijóo. Lembrou que a reforma do Estatuto de Autonomía foi paralizada por non ter acadado o consenso dos grupos parlamentarios logo de que Feijóo retirara o seu apoio e criticou que precisamente sexa el quen queira aprobar agora a reforma do Parlamento sen consenso.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar