Pablo García asegurou en Vila de Cruces que “o cambio xa está en marcha”

Pablo García asegurou en Vila de Cruces que “o cambio xa está en marcha”

Pablo García asegurou en Vila de Cruces que “o cambio xa está en marcha”

O candidato do PSdeG-PSOE por Pontevedra e Secretario de Organización, Pablo García, asegurou en Vila de Cruces que “o cambio xa está en marcha”. García amosou o seu optimismo sobre o resultado do vindeiro 21 de outubro xa que, segundo manifestou "Galicia non soportará catro anos máis de mentiras e incumprimentos”.

O socialista participou hoxe ás 21.30 horas nun mitin en Vila de Cruces xunto ao portavoz local do PSdeG-PSOE, Javier Castelo e o candidato número 7 pola provincia de Pontevedra, José Manuel Civeira.

García amosou a confianza nas enquisas internas dos socialistas e tamén “en vencer á abstención” na cita do domingo nas urnas. Neste sentido apelou ao voto rural polo cambio destacando que “son precisamente os veciños e veciñas do rural os que sofren as peores consecuencias dun goberno con nula sensibilidade social e que non cre no rural”.

O candidato fixo relato dos incumprimentos de Feijoo na comarca facendo fincapé “na paralización dos procesos de concentración parcelaria e na falla de apoio ao comercio e industria local”. Neste punto comprometeuse con Castelo a que, con Pachi Vázquez como presidente da Xunta de Galicia, a banda ancha “chegará ás empresas do Polígono”.

No mitin, García tamén tivo palabras para o candidato do PP, Roman García, ao que convidou a debater nun cara a cara “propostas para a comarca e facer balance destes catro anos”. Ademais, criticou que dedique máis tempo “a contar as cadeiras que se ocupan nos mitins socialistas en lugar de explicar porqué Feijóo e o PP lle fallaron ao Deza”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar